Esta semana tivemos unha nova sesión do Programa TEI para continuar traballando as emocións. Nesta ocasión partimos da curta Rato en venta, coa que aprendemos valores como a tolerancia e o respecto aos demais. É moi importante aceptar as diferenzas como algo enriquecedor e non discriminar a ninguén, Para rematar fixemos unha actividade cooperativa na que descubrimos que igual que todos somos diferentes e especiais tamén temos moitas cousas en común, moitas máis das que pensamos, e aquí tedes unha pequena mostra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario