A comezos de curso realizamos unha actividade para coñecernos un pouquiño mellor e reflexionar sobre a importancia de cada persoa dentro do grupo.
Para iso, cada neno e nena escolleu o animal co que máis se identificaba: león, aguia, tartaruga ou camaleón. Despois, descubrimos as características positivas de cada un deles e compartimos aquilo que os fai especiais.
A través desta actividade comprendemos que todos temos fortalezas diferentes e que cada unha delas é necesaria para construír un bo equipo.
Unha bonita maneira de comezar o curso, aprender a valorarnos e entender que todos somos necesarios na aula.


































