venres, 25 de febreiro de 2022

CHEGOU O ENTROIDO!

 Esta semana festexamos o Entroido no colexio, comezando cos Mandados do Meco e rematando hoxe cun desfile e actuación co noso disfraz de menciñeiros e menciñeiras. Pasamos unha mañá fantástica e divertímonos moito. 

Aquí tedes algunhas fotos e un pequeno vídeo resumo, pero se queredes ver máis podedes pinchar na ligazón:


 ENTROIDO






xoves, 24 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

 

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía o 23 de febreiro realizamos varias actividades no colexio. Perante a semana participamos na proposta "Sementade pensamentos", escribindo poesías da escritora nos pétalos da súa flor favorita, que logo pegamos nun mural colaborativo. Tamén fomos os encargados de realizar un programa especial do Tarabelo nas ondas adicado a Rosalía. E hoxe puidemos desfrutar da actuación musical Cantando os cantares de Truque Matruque. 

Podedes ver fotos destas actividades na páxina web do cole e no blog do Tarabelo, onde non vos esquezades de escoitar o programa que fixemos sobre a escritora. Parabéns a todos e todas!. Déixovos as ligazóns e unha pequena mostra das actividades.

SEMENTADE PENSAMENTOS

CONCERTO TRUQUE MATRUQUE 

TARABELO NAS ONDAS





luns, 21 de febreiro de 2022

CONTACONTOS CON SABELA GAGO

 Ola! Hoxe puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos moi especial con Sabela Gago. Un galiñeiro, unhas galiñas que querían ser as máis fermosas, uns ovos diferentes...unha historia na que participamos todos e todas  e coa que o pasamos xenial. Agora temos unha tarefa pendente que tentaremos realizar poñendo en xogo a nosa imaxinación para crear un "libro galiña". Xa vos contaremos.

Moitísimas grazas por esta sesión de creatividade e dramatización que tanto nos gustou e que esperamos poder repetir máis veces!

Aquí podedes ver unha pequena mostra da sesión. E se queredes ver máis pinchade na ligazón Contacontos Sabela Gago


                                             




                                   


luns, 14 de febreiro de 2022

EXPERIMENTO FOTOSÍNTESE

 Ola!Hoxe presentámosvos o experimento de Marco  cunha planta acuática e bicarbonato. Con el podemos ver a fotosíntese en acción e como se producen as burbullas de osíxeno. Fantástico traballo! Parabéns, Marco!



xoves, 10 de febreiro de 2022

mércores, 9 de febreiro de 2022

UN RETO SAUDABLE

 Hoxe tivemos unha charla de alimentación dentro do programa ofertado pola AECC " Snack LAB". O obxectivo é fomentar o consumo de almorzos saudables entre o noso alumnado, polo que Rosa explicounos como podiamos mellorar as nosas merendas e facelas máis sas.

 Preparados para comezar con este reto?

 

Aquí tedes uns xogos interactivos para seguir aprendendo:

PasaLaLetra Snack Lab 

PasaLaLetra Snack Lab (versión avanzada)

Boom Snack Lab