xoves, 30 de setembro de 2021

A EXPERIMENTAR!

 Estamos a estudar a auga e o aire e as súas propiedades, e que mellor xeito de facelo que experimentando con eles. 

E aquí tedes ao noso compañeiro Marco, que nos amosa co seu experimento de flotación como o xeo flota na auga. Tamén o fará no aceite? Estade moi atentos á súa explicación. Parabéns, Marco!


 

Counting To 100

martes, 28 de setembro de 2021

VIVIR EN SAÚDE


Estes días estamos aprendendo moitas cousas na clase de Ciencias da Natureza sobre alimentación  e saúde. Por iso vos propoño un reto que vos vai axudar dunha maneira moi divertida a saber máis. Pinchade no enlace e tentade resolver os retos deste escape room. Atrevédesvos?

https://www.fundacionmapfre.org/contenidos/vivir-en-salud/tercer-cuarto-curso/escape-room/escapefuente.html




sábado, 25 de setembro de 2021

BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO!

Comezamos este novo curso de 3º de Primaria e a nosa andaina neste blog, no que iremos compartindo actividades, recursos e imaxes da nosa aula. E para darvos a benvida a familias e alumnado, déixovos as fotos do quebracabezas xigante que os nenos e nenas decoraron cos seus nomes e a súa creatividade. Así, aprendemos que todas e cada unha das pezas son importantes e especiais. Tamén podedes ver as súas fichas de presentación. Parabéns!