venres, 31 de marzo de 2023

CRE-ARTE ESCULTURA

 Neste trimestre, dentro do proxecto Cre-Arte que estamos desenvolvendo este curso, realizamos moitas actividades relacionadas coa escultura.

Para rematar visitamos as salas do museo que cada aula preparou e gozamos coas explicacións dos nosos compañeiros e compañeiras. Nós tamén tivemos que realizalas! 

Aquí podedes ver un pouco de todo o que fixemos.

Vídeo resumo da actividade

Presentacións alumnado de 3º e 4º

Imaxes das nosas actividades


martes, 28 de marzo de 2023

 ACTIVIDADES PROXECTO DE ARTE 2º TRIMESTRE

Aquí vos deixamos unha mostra do realizado na aula para o Proxecto de arte neste segundo trimestre que estaba adicado á escultura. Traballamos moito e velaí os resultados. 



 TEI: ENQUISA E ACTIVIDADE DE COHESIÓN 

Hoxe fixemos a enquisa sobre o programa TEI cos nosos titores de 5º. Fomos a súa clase e axudáronnos no que precisamos.

Despois sacamos as colchonetas ao patio e fixemos unha actividade de cohesión "Acrosport" na que fixemos diferentes letras e tamén figuras co noso corpo. Foi moi divertido e pasámolo xenial!





 TEI : A TÚA PRIMEIRA VEZ

Esta actividade do programa TEI traballa a importancia de que o alumnado sexa consciente de que o acceso ás novas tecnoloxías e dispositivos prodúcese desde idades moi temperás. É importante facerlles ver a necesidade de que coñezan os beneficios e tamén os riscos e perigos que se poden atopar en internet, os cales medran se non hai unha supervisión ou formación axeitada.



venres, 24 de marzo de 2023

OS ECOSISTEMAS 3º A

Durante este trimestre traballamos os distintos tipos de ecosistemas. Aquí tedes unha mostra das maquetas que realizamos en pequenos grupos. 

Fai clic na imaxe para ver os nosos traballos

venres, 10 de marzo de 2023

 

TEI. UNHA ROLDA DE PRENSA INESPERADA

Esta semana fixemos unha actividade de titoría dentro do programaTEI (titoría entre iguais) co nome"Unha rolda de prensa inesperada" para tratar o ciberacoso. Partindo dun vídeo onde unha serie de persoas adultas fan saber aos nenos todo o que coñecen sobre eles, o alumnado reflexionará sobre aquilo que queren compartir e as emocións que queren que vaian ligadas a esas publicacións. Despois fixemos un pequeno mural sobre "AS MIÑAS EMOCIÓNS CANDO COMPARTO" e como me sinto cando o fago. Unha actividade moi interesante.





xoves, 9 de marzo de 2023

 

SAÍDA AFUNDACIÓN

O venres 3 de marzo visitamos a Fundación ABANCA para asistir á representación da obra de teatro titulada “Nautilus 20.000 légoas de viaxe submarina”. Esta obra foi gañadora do premio FETEN 2020 á mellor proposta orixinal pola súa sensibilización medioambiental.