venres, 10 de marzo de 2023

 

TEI. UNHA ROLDA DE PRENSA INESPERADA

Esta semana fixemos unha actividade de titoría dentro do programaTEI (titoría entre iguais) co nome"Unha rolda de prensa inesperada" para tratar o ciberacoso. Partindo dun vídeo onde unha serie de persoas adultas fan saber aos nenos todo o que coñecen sobre eles, o alumnado reflexionará sobre aquilo que queren compartir e as emocións que queren que vaian ligadas a esas publicacións. Despois fixemos un pequeno mural sobre "AS MIÑAS EMOCIÓNS CANDO COMPARTO" e como me sinto cando o fago. Unha actividade moi interesante.





xoves, 9 de marzo de 2023

 

SAÍDA AFUNDACIÓN

O venres 3 de marzo visitamos a Fundación ABANCA para asistir á representación da obra de teatro titulada “Nautilus 20.000 légoas de viaxe submarina”. Esta obra foi gañadora do premio FETEN 2020 á mellor proposta orixinal pola súa sensibilización medioambiental.




mércores, 15 de febreiro de 2023

ANIVERSARIOS FEBREIRO

Felicitamos aos nenos que cumpriron anos neste mes de febreiro. 



Parabéns a Nathan, Ciprian e Marcos!

mércores, 1 de febreiro de 2023

Proxecto Cre-Arte: Obradoiro modelaxe con arxila

Dentro do Proxecto de Centro Cre-Arte, que neste segundo trimestre está dedicado á escultura, realizamos un obradoiros de modelaxe con arxila e elaboración de pequenas esculturas.

A actividade, dirixida pola monitora Margarita Herce, pretendía incentivar a nosa  creatividade deixando voar a nosa imaxinación...

As figuras elaboradas agora irán a cocerse a un forno especial e despois teremos que pintalas para que quede a obra rematada. Xa vos iremos contando.




luns, 30 de xaneiro de 2023

TEI: Actividade cohesión 3º e 5º

Dentro das actividades para conmemorar o Día da Paz realizamos unha actividade de cohesión cos nosos titores/as de 5º para continuar mellorando o coñecemento entre as distintas parellas.


 

xoves, 26 de xaneiro de 2023

Actividade TEI: Inside out “Del Revés"

Partindo do vídeo da película "Inside Out", esta actividade ten como obxectivo traballar o descubrimento das emocións engadindo dúas novas: vergoña e sorpresa. 

En pequeno grupo traballaron unha ficha preparada para cada emoción coas que logo realizamos un mural que quedou moi chulo.



martes, 24 de xaneiro de 2023

Actividade de Taekwondo

A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das federacións deportivas galegas e as agrupacións deportivas escolares, convoca dentro do programa XOGADE a modalidade “Coñece o meu club”, que pretende que os escolares coñezan os recursos deportivos dispoñibles na súa poboación.

Os nenos e nenas de 3º participamos nunha sesión práctica e lúdica de taekwondo da man dos técnicos do Club Taekwondo Sada nas súas instalacións.

Aquí podedes ver as fotos e vídeos destas xornadas:

3º A


3º B