martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

 Hoxe celebramos o Día da Paz cun acto colectivo no que realizamos o ritual Sawabona, entregando bolboretas con palabras positivas entre as clases. O noso curso intercambiou as que fixemos cos nosos titores e titoras de 5º de EP.

Tamén cantamos e bailamos a canción Unha marea de xente.

E durante esta semana participamos na realización  do mural conmemorativo titulado Respéctote, valórote, ti es importante para min, pintando bolboretas nunha das paredes do colexio, para reivindicar valores de empatía e solidariedade.

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe

BOLBORETAS POLA PAZ


E tamén proximamente máis imaxes e vídeos na web do colexio

martes, 23 de xaneiro de 2024

SESIÓN DE PRIMEIROS AUXILIOS

 Hoxe tivemos unha sesión de primeiros auxilios cos técnicos de ASGATE (Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias).

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da sesión


 


venres, 19 de xaneiro de 2024

LECTURAS

 Esta semana comezamos a lectura colectiva, na hora de ler, do libro El ataque polilla,  de Ledicia Costas.

Coñeceremos a historia de Eleonora, unha vampira que vive nunha biblioteca e é bastante especial... Xa vos contaremos o que imos aprendendo con ela.

 
E hoxe tamén tivemos sesión de biblioteca e puidemos ler e compartir.

venres, 12 de xaneiro de 2024

MOCHILA VIAXEIRA

 Por fin chegou á clase a mochila viaxeira, que percorrerá as nosas casas perante este curso. Como sabedes, Lecturitas viaxou por todo o mundo e trouxo moitos amigos e amigas. Por iso, ademais de disfrutar dos libros en familia,  esta vez tamén poderemos coñecer a Buba... 

GRAZAS, LECTURITAS!



xoves, 11 de xaneiro de 2024

OBRADOIRO PROXECTO ANCAS

 

Este curso o noso centro porá en marcha, xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Mobilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!.

Por iso, hoxe participamos nun taller de mobilidade sostible e segura no que aprendemos e reflexionamos sobre hábitos de convivencia e solidariedade nas vías públicas.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da sesión