mércores, 30 de marzo de 2022

TIPOS DE ANIMAIS

 Para seguir aprendendo sobre animais vertebrados e invertebrados  podedes acceder a este caderno de fichas interactivas. Ánimo e a repasar!


 


Identificación de alumno/a

Usuario:

Contraseña:



Proporcionado por Live Worksheets

xoves, 24 de marzo de 2022

DÍA GLOBAL POR UCRAÍNA

 Seguindo a convocatoria realizada por Anmistía Internacional o noso centro participou na iniciativa Día Global por Ucraína. Realizamos unha concentración na que cada neno/a portaba un xirasol, flor nacional de Ucraína, en apoio á poboación deste país e lemos un manifesto de rexeitamento á guerra.











luns, 21 de marzo de 2022

PROGRAMA TEI NOS SEUS ZAPATOS

Ola! A semana pasada estivemos traballando no PROGRAMA TEI valores como a empatía e a autoestima a partires da curta Mis zapatos, Aprendemos que é moi importante valorarse positivamente, tanto a un mesmo como ao que se ten, para poder estar felices connosco e co que nos arrodea. Por iso, fomos escribindo cada día algo que nos fixese felices ou que fixésemos ben, por pequeno que nos parecese, un exercicio fantástico que nos fixo reflexionar e darnos conta das cousas que son verdadeiramente importantes. 



 

 

martes, 15 de marzo de 2022

XINCANA POLA IGUALDADE

 Ola! Hoxe tivemos unha xincana  na que realizamos distintos xogos e actividades
relacionados coa igualdade e na que puidemos aprender moito, pero tamén divertirnos xuntos. Coñecemos mulleres importantes da historia e  descobrimos   estereotipos que existen aínda na nosa sociedade e que temos que ir eliminando. 

E ademais portámonos xenial. Parabéns!

Pinchade na ligazón para ver as fotos da actividade

Xincana pola igualdade



martes, 8 de marzo de 2022

A muller máis especial da miña vida

 Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e na nosa clase quixemos adicarllo á muller máis especial da nosas vidas. Por iso deseñamos unhas tarxetas personalizadas  nas que escribimos adxectivos describindo a esa muller especial e aquí tedes o resultado.


Continuaremos traballando esta conmemoración nos próximos días con máis actividades que xa vos contaremos. 

FELIZ DÍA DA MULLER!

PROGRAMA TEI: CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

 O venres pasado realizamos unha nova actividade do PROGRAMA TEI a partires do conto Por catro esquiniñas de nada. Con el traballamos o respecto ás diferenzas, a integración e a necesidade de que a sociedade sexa a que se adapte e proporcione un espazo seguro para cada persoa. Todos somos únicos e iso é o que nos enriquece. Ademais descubrimos que en grupo as cousas resólvense mellor.



xoves, 3 de marzo de 2022

EL CLUB DE LOS RAROS


 Hoxe presentamos o libro El Club de los Raros, a nova lectura colectiva para as próximas semanas. Lemos un pouco da historia do escritor David Sierra i Fabra e do  ilustrador David Hijo. Tamén coñecimos aos personaxes que forman este club tan especial. Xa estamos desexando descubrir as súas aventuras...

Ademais tivemos a nosa sesión de contacontos na biblioteca.