venres, 29 de outubro de 2021

MAGOSTO E SAMAÍN

 Hoxe celebramos a festa do Magosto e do Samaín e pasámolo  moi ben. Neste vídeo podedes ver algunhas fotos das diferentes actividades que realizamos. Tamén tedes na web do cole un resumo en fotos e vídeo  do día. Proximamente subirei as estupendas receitas saudables de outono que fixestes, Tamén vos deixo a ligazón para acceder ás fotos.

Fotos Magosto e Samaín

 

Pero aínda hai máis! Faltaba o photocall!












martes, 26 de outubro de 2021

VOLTAMOS Á BIBLIOTECA

 Hoxe por fin voltamos á biblioteca! Tivemos a presentación coa profe Mela, que nos ensinou como están organizados os libros e seccións e tamén lembramos as normas que temos que cumprir cando a visitamos. Este curso a nosa aula terá reservada unha sesión semanal, os xoves, para poder realizar actividades de animación á lectura e préstamo de libros. Ademais  poderemos ir  os martes na hora do recreo. O proxecto deste ano trata, como sabedes, de consumo responsable, polo que Mela amosounos  o conto da Ra de tres ollos.  Terceiro e cuarto de Primaria comezaremos investigando no primeiro trimestre sobre os oficios. 

  Estas semanas estamos compartindo na clase algúns dos nosos libros favoritos; traballamos nas súas portadas e deseñamos uns marcapáxinas de esquina moi creativos. Esperamos que vos gusten!

 



luns, 25 de outubro de 2021

RULETA DO CONSUMO SOSTIBLE

 Reducir o consumo de plásticos, comprar produtos de tempada e da contorna máis próxima, para evitar a contaminación que supón o transporte, priorizar os produtos de orixe vexetal, ou comprar 
o peixe pescado con anzó, son algunhas das recomendacións que aprendemos coa ruleta do consumo sostible. Aquí a tedes para que sigades practicando e aprendendo. A ver cantos puntos conseguides!

Pinchade na ligazón Ruleta do consumo sostible


venres, 22 de outubro de 2021

mércores, 20 de outubro de 2021

PRESENTACIÓN PROGRAMA TEI

 

 

 Hoxe tivemos a presentación do Programa TEI coa nosa orientadora Lucía. Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, baseado na titorización entre iguais. Este curso os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria axudarannos na resolución de conflitos e na xeración de condutas saudables.

 






luns, 18 de outubro de 2021

ESCRIBIMOS UNHA NOTICIA

 Eliximos o tema, escribimos o titular, contestamos que, onde, cando, engadimos outros datos de interese... e xa temos as nosas noticias de actualidade, reais ou inventadas. Podedes velas nesta presentación. Bo traballo!

domingo, 17 de outubro de 2021

PARA QUE SERVE O AIRE?

 Nesta ocasión é Carla a que nos amosa co seu experimento que a materia necesita o osíxeno do aire para arder. Parabéns!



venres, 8 de outubro de 2021

CONSUMO RESPONSABLE

Este conto interactivo pon a proba os nosos coñecementos sobre consumo responsable. Segundo as decisións que vaiades tomando iredes avanzando na historia. Animádevos a superar todos os retos! Tamén podedes ver as pirámides de alimentación que deseñastes. Parabéns!

 https://www.fundacionmapfre.org/contenidos/vivir-en-salud/tercer-cuarto-curso/cuento/cuento.html

 




martes, 5 de outubro de 2021

My selfie

 Hello kids, lo prometido es deuda. Aquí tenéis vuestros maravillosos selfies.

Well done!😄




sábado, 2 de outubro de 2021

SEGUIMOS A EXPERIMENTAR!

 Nesta ocasión son Iago,  Vicky e Valeria os que comparten connosco os seus experimentos. Iago amósanos como se produce a condensación e a formación das nubes; Vicky explícanos  o proceso de evaporación; e Valeria fai desaparecer unha moeda, non, non é un truco de maxia, senón o principio de refracción da luz. Canto estamos aprendendo! Fantástico, moitos parabéns!


Tamén Enzo nos explica moi ben  co seu experimento cales son os estados da auga. Parabéns!




E neste vídeo do orégano que se separa, Yago ensínanos como se pode romper a capa superficial da auga cun pouco de xabón; Isto tamén nos serve para comprender por que temos que lavar as mans con xabón ou xel se queremos apartar a suciedade e os virus. Parabéns!

https://drive.google.com/file/d/1Xw7b5K-BoDDb6j36QlDkijXSVeN15sHM/view?usp=sharing

 A evaporación é o cambio de estado elixido por Breixo para o seu experimento. A que o fixo xenial? Parabéns!


E Joao fainos unha excelente descrición do ciclo da auga e de  todos os cambios de estado, con nube incluída. Fantástico traballo!

 https://drive.google.com/file/d/1ZGjEmtCidCr6ZdFb8QxrG0AKFwGNEf-q/view?usp=sharing


venres, 1 de outubro de 2021

VISITOUNOS A NOSA ORIENTADORA

 

 
Hoxe visitounos Lucía, a orientadora do cole, para lembrarnos cales son as súas función e darnos uns estupendos consellos para desfrutar deste curso: coidar a nosa "patata" interior e ser responsables coas aprendizaxes, a convivencia, o coidado do planeta e o consumo responsable. Tamén nos ensinou o conto Pequeñas cosas, co que aprendemos que axudando e deixándose axudar polos demais os nosos "monstros" van desaparecendo.

Grazas, Lucía!