xoves, 22 de decembro de 2022

VACACIÓNS DE NADAL

E casi sin darnos conta chegou o Nadal e con el as vacacións que tanto esperabamos para compartir ilusións, esperanza, agasallos, risas e sobre todo, estar coa familia.

Coma todos os anos, no cole pasamos unha xornada moi moi divertida donde compartimos cos compañeiros e compañeiras e tamén cos profes risas, apertas, manualidades, agasallos e.....a desexada visita dos reis Magos.

Se pinchades na imaxe poderedes ver algunhas fotos.

 


 MOI BO NADAL!

Parabéns para Diego.

 Felicitamos a Diego que é o último aniversario deste ano 2022.




luns, 19 de decembro de 2022

SABES O QUE É REALMENTE UNHA BROMA?

 Basada no vídeo, trabállase sobre a idea de que todo o que publiques o pode ver e compartir calquera e por tanto, a necesidade de facer do espazo dixital un espazo seguro, poñendo especial énfase nos contidos que comparten, definindo o que pode ser unha broma e o que non (aquilo que nos molesta deixa de ser broma).

Se pinchas na imaxe podes ver o vídeo.


Os nenos e nenas de terceiro, pensamos que todos tiñamos claro o que era unha broma, pero despois de ver o vídeo e traballar nos grupos e falar entre nós e coa profe démonos conta de que moitas veces facemos e dicimos cousas que non son broma para quen as recibe. 
Pincha na imaxe.







CRE-ARTE. " EL GRITO DE MUNCH" AO NOSO XEITO.

 El Grito de Edvard Munch é un dos cadros máis coñecidos que existen en todo o mundo e convertiuse nun icono do noso tempo, é decir, nunha obra representativa da sociedade e a cultura contemporánea.

A imaxen é atractiva, impactante e misteriosa. Cando a temos enfrente atrapa tanto a nosa mirada e cóstanos apartar a vista del.

Pero este cadro ademais de misterioso, este cadro ten moitas curiosidades. Contámosche algunhas!

O primeiro que debes saber é que este cadro son catro en un. Munch realizou catro versións diferentes do mismo tema, pintou catro cadros moi parecidos co mismo título. O primeiro, o orixinal, pintou catro cadros moi parecidos co mismo título. O primeiro, o orixinal, é o máis famoso de todos e ao que solemos referirnos cando falamos de " El grito". Foi pintado en 1893.

Qué representa o cadro? Pretende expresar un sentimento, é decir, que o espectador ou espectadora que mire o cadro entenda que o personaxe sinte medo ou angustia.

Nós con este cadro quixemos expresar tamén un sentimento de medo coa nosa cara, pero a diferencia do pintor orixinal, como artistas o que queremos conseguir co noso cadro é que cando o miredes pensedes que todos e todas somos capaces de enfrentarnos ao medo, que é bo sentir mendo porque nos avisa de que algo non está ben e que hai que analizar ese algo para solucionalo. O medo é unha emoción moi importante á que lle temos que facer caso e mirala de frente!.

Clica na imaxe e verá que ben nos quedaron!




CRE-ARTE. JORGE PETEIRO.

 Para o noso primeiro Tarabelo nas ondas, escollimos ao pintor Jorge Peteiro ( A Coruña, 1959 - Sada, A Coruña, 20 de febrero de 2013 )

Jorge Peteiro era un pintor coruñés que era coñecido como " o pintor do color e a ledicia", pois os seus cadros estaban cheos de cores alegres que che sacaban un soriso cando os mirabas. Segundo o crítico Fernando Mon, Peteiro está en posesión dunhas ideas moi claras sobre a dominación da paisaxe e, particularmente sobre a esencialidade da luz.

Viaxou por museos e cidades de Italia, Francia e España, hasta radicar en 1979 na Escola de Belas Artes de Valencia, donde se licenciou.

Combinou o seu traballo creativo co de profesor de instituto en varias localidades galegase a finales dos anos oitenta foi recibido como " novo valos da plástica galega". Tras pasar unha época en Nova York, en 1982 instalouse no seu estudio na Coruña e desde entón, a súa iconografía forma parte da nosa paisaxe.

Aínda que a súa obra é eminentemente plástica, realizou unha escultura moi colorista que seguro que todos e todas coñecemos, a escultura dun peixe á entrada do Acuarium Finisterrae no paseo marítimo de A Coruña. A que seguro que xa o tedes na mente?

A continuación veredes unhas láminas feitas por nós co debuxo deste pintor que representa A Coruña. Ao principio parecíanos moi defícil porque tiña moitas liñas e había que utilizar moitas cores, sin embargo, disfrutamos moito realizando esta actividade. Deixamos unhas fotos para que poidades observar o bonityas que quedaron.



 

NOS SEUS ZAPATOS. ACTIVIDADE TEI.

 Partindo do vídeo " Mis zapatos", esta actividade ten como obxectivo traballar o feito de valorarse positivamente tanto a un mesmo coma ao que se ten. A finalidade é que o alumnado aprenda a importancia da actitude coa que afrontas as dificultades da vida e que sexan quen de pórse no lugar do outro/a.

Clica na imaxe para ver as fotos da actividade.