xoves, 28 de abril de 2022

NOVOS CONTACONTOS

 Ola! Hoxe tivemos nova sesión de biblioteca e continuamos cos contacontos que tanto nos gustan. Nesta ocasión De que cor es ti? , unha reflexión sobre a diversidade e sobre a riqueza que supón a mistura de cores, identidades e persoas. E a semana pasada Ra de tres ollos, que nos sensibiliza sobre os danos producidos no medio ambiente polo consumo. Compartimos unhas fotos das dúas sesións. Parabéns!



 


luns, 25 de abril de 2022

RECICLAMOS NA CASA

 Ola! Despois de aprender no obradoiro  como podemos reciclar o papel, nada mellor que seguir practicando. E iso é o que fixo o noso compañeiro Breixo, que quixo compartir connosco unhas fotos do proceso e tamén explicóunolo todo moi ben. Parabéns!






xoves, 21 de abril de 2022

OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL

 Hoxe realizamos na clase un obradoiro de reciclado de papel con Matrácala. Puidemos ver e experimentar todo o proceso e aprender como aproveitar os recursos de xeito responsable. Tamén escribimos con tinta e pluma, como se facía antigamente, unha palabra sobre o que a cada un nos transmiten os libros. E ata puxemos un selo lacrando a nosa peza! Encantounos a actividade e pasámolo xenial! 

Aquí vos deixo algunhas fotos, pero se queredes ver máis pinchade na ligazón:

 Obradoiro de papel reciclado


 











venres, 8 de abril de 2022

ÁRBORES ESTILO KANDINSKY

 Ola! Compartimos con  vós as árbores estilo Kandinsky que fixemos a partires das nosas mans e engadindo círculos de cores. Quedaron chulísimas!

 


 

 


 





















xoves, 7 de abril de 2022

LECTURAS

 Xa rematamos a lectura colectiva do libro El club de los raros e gustounos moito a todos e todas. Hugo e Bernardo son dous nenos que o pasan bastante mal na escola porque un é tartamudo e outro disléxico, pero todo cambia cando deciden fundar un club  para apoiarse e non sentirse sós. Así descubriron que todos son diferentes e especiais e que a unión fai a forza. 

E aquí tedes un xogo do libro para ver o que sabedes dos seus personaxes:

RULETA DE PALABRAS

Tamén continuamos coas sesións de contacontos na biblioteca. 

Parabéns!




mércores, 6 de abril de 2022

PALABRAS BONITAS

Ola! Estes días na clase de Valores traballamos  co conto La coleccionista de palabras, unha fermosa historia que podedes ver neste vídeo...


 E entón chegou á nosa clase  unha carta de Luna pedíndonos axuda para poder seguir repartindo palabras bonitas, palabras de paz e tolerancia que tanto se necesitan hoxe en día.

 

E claro, decidimos axudar a Luna e  buscar palabras para a súa maleta...



Pero aínda non é suficiente... Se ti tamén queres axudar a Luna comparte connosco as túas palabras bonitas; podes engadilas nos comentarios ou envialas ao correo.

venres, 1 de abril de 2022

UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA

 

Para colaborar coa campaña do Día mundial de concienciación sobre o autismo, que se celebra o día 2 de abril, participamos no obradoiro de debuxo Unha feliz viaxe pola vida, que pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a ser felices. Así debuxamos  o que significa para cada un de nós a felicidade e continuamos  coa actividade que fixemos a semana anterior na que recollemos cada día algunha cousa que nos facía felices. Traballamos desta maneira  o respecto ás diferenzas, a valoración da diversidade, a autoestima e o autoconcepto. 

 QUE COUSAS NOS FAN FELICES NO DÍA A DÍA