martes, 27 de febreiro de 2024

PRIMAVERA DAS LETRAS

 

Hoxe tivemos no noso colexio  o acto de presentación da PRIMAVERA DAS LETRAS, que achega ao público infantil a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, neste ano Luísa Villalta. Puidemos asistir na Casa da Cultura a unha obra de teatro sobre a súa vida, realizada polo alumnado de 6º de EP e na que tamén participaron alumnos e alumnas doutras clases. Parabéns Carmen, María, Marta e Theo! Ademais, durante estes días, realizamos diferentes actividades para coñecer á escritora coruñesa.

Podedes ver as fotos de toda a xornada na web do colexio

PRIMAVERA DAS LETRAS




venres, 23 de febreiro de 2024

MI CLASE FAVORITA


 Hoxe despedimos a Rocío despois de compartir connosco unhas semanas de curso e sorprendeunos con este agasallo tan especial...

SÚPER TERCERO MI CLASE FAVORITA 

Moitísimas grazas!

 
 
 MIL APERTAS!

xoves, 22 de febreiro de 2024

ANIMACIÓN LECTORA: EL ATAQUE POLILLA

 Hoxe tivemos unha actividade de animación lectora sobre o libro que lemos na clase, EL ATAQUE POLILLA, VAMPIRA DE BIBLIOTECA, de Ledicia Costas.

Convertémonos nas personaxes que tan ben coñeciamos e representamos algúns dos capítulos máis divertidos . Encantounos o libro e pasámolo xenial facendo teatro. Parabéns por ser tan bos e boas actores e actrices!

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe


CONSTANTINOPLAAAAAA!

venres, 9 de febreiro de 2024

ENTROIDO

 UNHA SEMANA DE DISFRACES, MANDADOS DO MECO, FESTA E ILUSIÓN!

Na páxina web do cole podedes ver algunhas fotos e máis pinchando na imaxe



xoves, 8 de febreiro de 2024

QUE IMPORTANTE É O AIRE

 CATAVENTOS E PLUVIÓMETROS




   A ATMOSFERA




ROBÓTICA CO TALEBOT: SINALIZACIÓN

 Hoxe realizamos unha actividade de ROBÓTICA co TALE-BOT, na que aprendemos e practicamos a sinalización no noso colexio. 

As diferentes aulas, espazos e instalacións están identificadas con pictogramas para comprender mellor o noso entorno,  co obxectivo de eliminar as barreiras de comunicación e facilitar que todos os nenos e nenas teñan as mesmas posibilidades de desenvolverse. 

Facemos o noso centro educativo máis accesible, para unha educación innovadora e inclusiva.

Podedes ver algunhas fotos pinchando na imaxe



martes, 6 de febreiro de 2024

DÍA DA INTERNET SEGURA

 Con motivo da conmemoración do Día da Internet Segura, hoxe participamos nun taller en liña sobre respecto e responsabilidade, realizando unha actividade práctica e gamificada. 

Podedes ver algunhas fotos da sesión pinchando na imaxe



luns, 5 de febreiro de 2024

PROGRAMA TEI : SABES O QUE É REALMENTE UNHA BROMA?

 Estes días realizamos a actividade do PROGRAMA TEI Sabes o que é realmente unha broma?

Baseándonos nun vídeo, reflexionamos sobre a necesidade de facer do espazo dixital un espazo seguro e sobre o que é realmente unha broma. Pensamos na súa definición e en exemplos e situacións que experimentamos e que nos fixeron sentir ben ou non e as diferentes emocións que sentimos.

Finalmente, recollemos o traballado nun mural colectivo coas aportacións de todo o grupo.




venres, 2 de febreiro de 2024

DISFRACES

 Esta semana comezamos a confeccionar os nosos disfraces para o Entroido.

Pinchade  na imaxe para ver algunhas fotos

 

 E non vos esquezades de seguir os Mandados do Meco!