venres, 26 de novembro de 2021

É UNHA BROMA SE...PROGRAMA TEI

 Sabes o que é realmente unha broma? Hoxe traballamos no Programa TEI a idea de facer o  noso espazo, dixital ou non, un espazo seguro, definindo o que pode ser unha broma e o que non. Visualizamos un vídeo, puxemos en común os sentimentos que nos espertou e deseñamos o noso mural reflexionando sobre a broma e as emocións positivas e negativas que leva asociadas. Unha actividade moi enriquecedora coa que aprendemos moito.

 

 



xoves, 25 de novembro de 2021

DARLLE A VOLTA ESTÁ NAS NOSAS MANS

 Hoxe celebramos o Día contra a violencia de xénero co lema Darlle a volta está nas nosas mans a partires  dos famosos polbos reversibles. Participamos na elaboración do mural colectivo do centro e completamos os nosos polbos con accións positivas cara á eliminación da violencia. Aquí podedes ver algunhas fotos das actividades.









Pinchade na ligazón para ver as fotos

25 N Día contra a violencia de xénero

venres, 19 de novembro de 2021

A RAPEAR!

Ángulos agudos, rectos, obtusos; rectas paralelas, secantes, perpendiculares... para aprendelos de forma divertida aquí vos deixo este vídeo que vimos na clase. E a rapear!



SOMOS DIFERENTES, PERO TEMOS COUSAS EN COMÚN PROGRAMA TEI


 Esta semana tivemos unha nova sesión do Programa TEI para continuar traballando as emocións. Nesta ocasión partimos da curta Rato en venta, coa que aprendemos valores como a tolerancia e o respecto aos demais. É moi importante aceptar as diferenzas como algo enriquecedor e non discriminar a ninguén, Para rematar fixemos unha actividade cooperativa na que descubrimos  que igual que todos somos diferentes e especiais tamén temos moitas cousas en común, moitas máis das que pensamos, e aquí tedes unha pequena mostra.


sábado, 13 de novembro de 2021

PRESENTACIÓN TITORES E TITORAS TEI

 Onte tivemos a presentación dos nosos titores e titoras de 5º de EP e por fin puidemos coñecelos. Foi un encontro moi emocionante no que nos contaron cal era a súa función e, aínda que temos que continuar seguindo as normas do protocolo COVID e non podemos saír xuntos ao patio, si que podemos comunicarnos a través doutras vías. Pola nosa parte, démoslles as grazas por poder contar con eles para  resolver eses pequenos conflitos que puidesen xurdir na convivencia. Tamén fixemos intercambio de agasallos; eles entregáronnos uns marcapáxinas chulísimos e nós unhas tarxetas que fixemos con moita ilusión. 

Moitas grazas, titores e titoras!

 


 Pinchade na ligazón para ver algunhas fotos

 Presentación titores e titorizados


xoves, 11 de novembro de 2021

LECTURA COMPARTIDA

 Hoxe comezamos a lectura compartida  de Natacha,  un libro de Luis Pescetti, escritor e músico arxentino especializado en literatura infantil, e ilustrado por Pablo Fernández.  Natacha é unha rapaza divertida e preguntona, que ten unha nai que inventa contos de monstros, unha amiga chamada Pati e un can, Rafles, un pouco estragador. 

O comezo foi moi interesante e rímonos moito. Xa vos contaremos máis cousas do que vaiamos aprendendo coa lectura. Tamén tivemos sesión de biblioteca e puidemos facer os nosos primeiros préstamos. 





 

Aquí tenéis unas actividades interactivas para repasar

todo lo aprendido. No tenéis más que hacer

clic en los títulos destacados en azul.


IMPORTANTE: En algunas actividades tenéis la

posibilidad

de enviarme vuestras respuestas. Me gustaría mucho

recibirlas. Para eso, una vez terminada la ficha

hacéis click en TERMINADO  y en  ENVIAR MIS

RESPUESTAS A MI PROFESOR y con ayuda

, completáis el formulario con vuestros datos

y lo enviais a mi correo: english@sadaycontornos.es


RECORDAD: si tenéis problemas con el listening

, decidle a "mummy or daddy" que utilicen como

navegador :

GOOGLE CHROME or SAFARI


Ah!, y no las hagáis todas el mismo día que son muchas, vale?

AT SCHOOL ( school subjects)

SCHOOL SUBJECTS

AT SCHOOL

SCHOOL SUBJECTS ( Hangman) writing

activity

DAYS OF THE WEEK 1

DAYS OF THE WEEK  2

DAYS OF THE WEEK ( yesterday and tomorrow)

WHAT’S THE TIME?

WHAT TIME IS IT ?

WHAT TIME IS IT?

WHAT TIME IS IT? QUIZ

luns, 8 de novembro de 2021

MÁIS XOGOS COAS TÁBOAS

 Repasar as táboas de multiplicar tamén pode ser divertido. Realizade estas fichas interactivas e comprobade os vosos resultados. Ánimo!


mércores, 3 de novembro de 2021

O MONSTRO DE CORES

 Hoxe realizamos unha actividade do Programa TEI baseada no conto O monstro de cores. Traballamos valores como o autodescubrimento e a colaboración e  identificamos as principais emocións, expresando  o que significan para cada un de nós a ledicia, a tristura, a ira, o medo e o noxo. Rematamos xuntando os queixiños que debuxamos para formar os círculos das emocións. 

LEDICIA   TRISTURA   MEDO   IRA    NOXO

 








 
 E xa está dispoñible o programa do Tarabelo que gravamos os nenos e nenas de 3º sobre o Magosto. Pasámolo moi ben coa experiencia e aprendemos moitas palabras en galego. Podedes escoitalo no blog do Tarabelo, xunto cun novo programa de 4º sobre consumo responsable.

 
    

martes, 2 de novembro de 2021

RECEITAS SAUDABLES DE OUTONO

 Por fin temos xa as deliciosas receitas saudables de outono que fixestes. Podédelas ver nesta presentación. Moitísimas grazas pola vosa colaboración e parabéns!