xoves, 25 de abril de 2024

SAÍDA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Hoxe realizamos unha saída cos nosos titores e titoras de 5º de EP á Fundación María José Jove.

 Unha xornada de convivencia na que, ademais de disfrutar das obras, fixemos varias dinámicas  e xogos para aprender máis sobre interculturalidade e medio ambiente.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da actividade



FELIZ ANIVERSARIO!

 


luns, 22 de abril de 2024

ACTIVIDADE DE BALONMÁN

 Hoxe puidemos gozar  dunha clase práctica de balonmán, da man da FGB, que, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Sada, organiza do venres 3 ao domingo 5 de maio, unha proba do corcuíto balonmán na rúa 5x5, no que poderá participar alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da actividade



DESPEDIDA DE AINHOA

 Hoxe despedimos a Ainhoa despois de tres semanas compartindo connosco aprendizaxes, actividades e moitos sorrisos.



Tamén participamos no seu Proxecto de vídeopoema e aquí podedes ver o resultado.

 
Moitas grazas  e ata pronto!



venres, 19 de abril de 2024

MALGASTO ALIMENTARIO

 Hoxe fixemos unha visita á exposición Despilfarro alimentario, que está dispoñible na Casa da Cultura ata o 30 de abril.

Manos Unidas quere sensibilizarnos sobre a repercusión que o malgasto de alimentos ten no planeta e, especialmente, nos países en vías de desenvolvemento, porque a pesares de que a Terra produce alimentos suficientes para todos, uns os malgastan e case 800 millóns de persoas pasan fame. 

Durante a visita tivemos que buscar a solución a varias cuestións traballando en equipo. Fixémolo xenial e atopamos todas as respostas!

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos





TARABELO NAS ONDAS

 Xa podedes escoitar o PROGRAMA DO TARABELO que realizamos en 3º de EP, sobre a Semana do Libro. 

E lembrade que o martes, 23 de abril, poderemos comprar libros no Mercado Solidario organizado polo 1º ciclo.

 

Pinchade na imaxe para escoitalo

 





venres, 12 de abril de 2024

MISIÓN 2 ENERXÍA SOBRE RODAS

 Hoxe rematamos a MISIÓN 2 ENERXÍA SOBRE RODAS, na que tivemos que buscar solucións para o problema  que supón o gran número de coches que funcionan con combustibles contaminantes.

Montamos dous coches vela, dous coches solares e dous coches globo, e comprobamos o seu funcionamento con enerxías limpas. 

Esta misión tamén foi un éxito e agora teremos que acadar o contrasinal para ver os próximos pasos do proxecto.

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da misión

 




martes, 9 de abril de 2024

TODAS E TODOS SOMOS CAPACES

 Hoxe participamos  nun obradoiro de sensibilización sobre diversidade e discapacidade, da man de COGAMI. 

Os obxectivos do mesmo foron proporcionar información sobre as diferentes condicións de discapacidade, destacando as posibilidades e capacidades de cada persoa; familiarizar ao alumnado cos elementos accesibles que facilitan a vida cotiá das persoas con algún tipo de discapacidade; e contribuír a comprender e interiorizar actitudes de convivencia.

  Rematamos cun xogo de TRIVIAL sobre discapacidade, no que todos e todas o fixemos xenial.

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da sesión


 

xoves, 4 de abril de 2024

MISIÓN 1 ENERXÍAS SUPERPODEROSAS

 Hoxe comezamos a MISIÓN 1 do Programa Endesa: ENERXÍAS SUPERPODEROSAS PARA A CLASE. 

 Primeiro montamos dúas baterías e despois fixemos dúas turbinas, motores formados por unha roda que xira pola forza que lle transmite un líquido; dúas casas cos seus paneis solares; e dous aeroxeradores, que converten a enerxía cinética producida polo vento en enerxía eléctrica. Descubrimos, así, como funcionan   tres fontes de enerxía renovables, a auga, o vento e o sol. 

A misión foi todo un éxito e xa estamos preparados para seguir aprendendo coa MISIÓN 2.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da sesión


 Parabéns polo voso traballo!

venres, 22 de marzo de 2024

SUPERHEROES DA ENERXÍA

Xa estamos preparados para comezar a nosa aventura como superheroes da enerxía, porque imos participar no Programa Endesa Educa Dixital.

Teremos que completar varias misións sobre enerxías renovables e mobilidade para axudar a salvar o mundo.

Adiante!




PROGRAMA TEI: O ENCARGADO

Hoxe realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI, chamada O encargado, onde, a partires dunha curta, reflexionamos e debatemos sobre o acoso escolar, poñéndonos na pel do acosado e do acosador. Traballamos  a empatía e a sensibilización.

 Estes días tamén nos visitou Lucía para falarnos da importancia de comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia, para o que temos O punto Laranxa no cole. Debuxámonos co cabelo desta cor para simbolizar o noso compromiso de apoio.



mércores, 20 de marzo de 2024

VISITA A MIÑA LOCALIDADE

FOLLETOS TURÍSTICOS PARA COÑECER SADA, FEITOS POLO ALUMNADO COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

Parabéns por un traballo tan bonito!

Pinchade na imaxe
 


martes, 19 de marzo de 2024

PROXECTO SADABONA: PALENCIA

  Hoxe visitounos Eva, a nai de Mateo, para falarnos da súa provincia de orixe, Palencia. Contounos moitas cousas interesantes e puidemos coñecer lugares, fauna, monumentos, deportes e curiosidades deste precioso lugar.

 Xogamos, participamos, preguntamos e fixemos un test para ver o atentos que estivemos e o que aprendemos.

Ademais, Eva tróuxonos doces típicos de Palencia e uns preciosos marcapáxinas que fixo para nós. 

Podedes ver algunhas fotos da actividade pinchando na imaxe

Moitísimas grazas, Eva, por esta sesión tan interesante e divertida!

 

venres, 15 de marzo de 2024

TEATRO: HUGO

  Hoxe asistimos en AFUNDACIÓN á  obra de teatro Hugo, que nos fala da empatía, da necesidade de comunicación e da beleza da diferenza. 

Porque ser diferentes fainos grandes



xoves, 14 de marzo de 2024

PROGRAMA TEI CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

 Hoxe realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI, na que a partires do conto Por catro esquiniñas de nada, traballamos valores como a integración e a  inclusión. Reflexionamos sobre o que lle pasaba ao protagonista  e buscamos diferentes perspectivas e solucións. Para rematar fixemos o noso mural no que eliximos a figura que máis nos gustaba, representando que todos somos diferentes e é a porta e a sociedade a que ten que adaptarse a cada persoa.

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da actividade



venres, 8 de marzo de 2024

Día Internacional da Muller

Con motivo da conmemoración do  8 de marzo, Día Internacional da Muller, hoxe tivemos a visita de Ana Belén Montiagudo Diz, doutora en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela e bióloga, para compartir connosco a súa traxectoria e experiencia profesional. Contounos moitas cousas interesantes e ensionounos o  importante que é estudar para acadar as nosas metas e decidir o que queremos ser de maiores. Coñecemos a varias mulleres importantes no ámbito científico- tecnolóxico, aínda que, hoxe en día,  son minoría as que elixen este campo. Por iso é tan importante darlles visibilidade e fortalecer e promover o seu papel en prol da igualdade. 

Moitas grazas, Ana!

Tamén vimos varias curtas sobre os estereotipos e os roles de xénero e rematamos cun traballo sobre o que queremos ser de maiores.



xoves, 7 de marzo de 2024

PROGRAMA TEI COHESIÓN : ACROSPORT

Hoxe realizamos unha nova actividade de cohesión do Programa TEI cos nosos titores e titoras de 5º de EP. Practicamos acrosport, que é un deporte no que os grupos executan unha figura, neste caso letras, co seu corpo. A sesión foi moi divertida e continuamos coñecéndonos mellor e poñendo en práctica valores como o traballo en equipo e o respecto.

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe



martes, 5 de marzo de 2024

TODAS E TODOS CONTAMOS

 Hoxe participamos  na actividade de Afundación Todas e todos contamos.  

A través de xogos circenses, os nenos e nenas participaron do valor da diversidade. Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou respecto,  son algunhas das ensinanzas desta actividade, impartida por persoas con diversidade funcional.

Fixémolo moi ben e pasámolo xenial! 

Podedes ver fotos e vídeos pinchando na imaxe



 

venres, 1 de marzo de 2024

VISITA A COAWA

 Hoxe realizamos unha saída á ETAP A TELVA, para coñecer o proceso de potabilización da auga e o entorno do río Mero. 

De onde ven a auga? Como chega ás nosas casas?

Puidemos responder a esas preguntas e valorar a importancia de ter uns hábitos de consumo responsable.

Ademais ensináronnos moitas curiosidades sobre as especies animais e vexetais do entorno do río... e ata vimos un exemplo de mutualismo, cando especies diferentes saen beneficiadas ao relacionarse entre si, algo que estudamos estes días na clase.

Podedes ver algunhas fotos da visita pinchando na imaxe



martes, 27 de febreiro de 2024

PRIMAVERA DAS LETRAS

 

Hoxe tivemos no noso colexio  o acto de presentación da PRIMAVERA DAS LETRAS, que achega ao público infantil a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, neste ano Luísa Villalta. Puidemos asistir na Casa da Cultura a unha obra de teatro sobre a súa vida, realizada polo alumnado de 6º de EP e na que tamén participaron alumnos e alumnas doutras clases. Parabéns Carmen, María, Marta e Theo! Ademais, durante estes días, realizamos diferentes actividades para coñecer á escritora coruñesa.

Podedes ver as fotos de toda a xornada na web do colexio

PRIMAVERA DAS LETRAS




venres, 23 de febreiro de 2024

MI CLASE FAVORITA


 Hoxe despedimos a Rocío despois de compartir connosco unhas semanas de curso e sorprendeunos con este agasallo tan especial...

SÚPER TERCERO MI CLASE FAVORITA 

Moitísimas grazas!

 
 
 MIL APERTAS!

xoves, 22 de febreiro de 2024

ANIMACIÓN LECTORA: EL ATAQUE POLILLA

 Hoxe tivemos unha actividade de animación lectora sobre o libro que lemos na clase, EL ATAQUE POLILLA, VAMPIRA DE BIBLIOTECA, de Ledicia Costas.

Convertémonos nas personaxes que tan ben coñeciamos e representamos algúns dos capítulos máis divertidos . Encantounos o libro e pasámolo xenial facendo teatro. Parabéns por ser tan bos e boas actores e actrices!

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe


CONSTANTINOPLAAAAAA!

venres, 9 de febreiro de 2024

ENTROIDO

 UNHA SEMANA DE DISFRACES, MANDADOS DO MECO, FESTA E ILUSIÓN!

Na páxina web do cole podedes ver algunhas fotos e máis pinchando na imaxe