venres, 28 de xaneiro de 2022

CULTIVAMOS A PAZ





 Ola! Hoxe celebramos o Día da paz e non violencia continuando co camiño emprendido o ano pasado prantando árbores, pero este ano creamos a nosa árbore simbólica da paz que quedará no cole para ser un punto de calma, diálogo e reflexión. O noso lema foi Cultivamos a paz, e segundo os obxectivos do proxecto de consumo responsable, empregamos os anacos de tea que cada familia aportou para adornar a árbore e deseñar unhas preciosas pulseiras.

Ademais fixemos varias actividades plásticas, recitamos unha poesía acompañados de Breixo e a súa música e bailamos a danza da Paz de Mamá Cabra, para rematar co baile que preparou a profe de Música.

Unha xornada moi completa e enriquecedora. Parabéns a todos e todas polo voso traballo e actitude!

Pinchade na ligazón para ver máis fotos e vídeos:

PAZ
 











"TRIFFLE" HECHO EN CASA

Hello children, ¿os acordáis que estuvimos viendo en " English Class" la receta de un postre típico inglés?   Pues aquí tenéis las fotos que me mandó Marco  con su "TRIFFLE"  hecho en casa. Sólo puedo decir: "Yuuuuuummmy"

Good work ; Marco!!
Os animáis el resto ???

Teacher Teresa



 

xoves, 27 de xaneiro de 2022

Contos na biblioteca

 Hoxe visitamos a biblioteca do cole como todos os xoves. Os nenos e nenas aproveitamos estas sesións para facer os nosos contacontos, nos que lemos, compartimos, dialogamos e aprendemos xuntos. Nestas fotos podedes ver unha mostra. 




venres, 21 de xaneiro de 2022

ELECCIÓNS NA CLASE

Estes días estudamos na clase as localidades e o goberno do municipio, e para entender mellor como funcionan as eleccións municipais, fixemos o noso propio proceso electoral. 

Os candidatos a concelleiros e concelleira presentaron as súas propostas e iniciaron a campaña.






     E por fin chegou o día das votacións...

      O noso Secretario, Enzo, fixo reconto de votos...

   
   E así Daniela foi elixida alcaldesa!
 

             Os outros candidatos, Breixo, Marco,Adriano, Yago, Pelayo, Iago, Antony e Joao,  foron nomeados concelleiros. 


       E Leila, Fran, Gabriel, Dante, Mía, VIcky, Valeria e Carla ocuparon diferentes postos  de servizos municipais.

   Foi unha actividade moi interesante e divertida coa que aprendemos moito. 

Parabéns a todos e todas! Fixéstelo xenial!