xoves, 28 de novembro de 2024

Quen é quen?

 Xa rematamos as nosas investigacions sobre Snoopy e fixemos un mural moi especial que recolle toda a información que tiñamos. Este traballo vaise expoñer no panel da biblioteca para o proxecto do cole Viñetas dende Sada, e seguiremos investigando e traballando para o seguinte trimestre que virá cargado de sorpresas.

Pero de momento, podedes ver un pouco do noso traballo se pinchades na imaxe.



luns, 25 de novembro de 2024

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Hoxe, 25 de novembro, como cada ano celebramos esta data tan importante asistindo a unha sesión de contacontos na casa da cultura. Alí, escoitamos 3 contos titulados: La historia de los bonobos con gafas, Artur y Clementina e Rosa Caramelo. 

En cada un deles, podemos aprender unha mensaxe moi importante que nos axudará nun futuro a erradicar a violencia de xénero e a vivir nunha sociedade en igualdade, sen estereotipos.

No noso cole, coma sempre, queremos poñer o noso gran de area para educar na igualdade e o respecto e dende a nosa clase de terceiro fixemos un mural recollendo unha mensaxe que acordamos entre todos e todas despois da lectura do conto Rosa Caramelo. A mensaxe é a seguinte: Eu decido quen quero ser e como. Medrando en liberdade.

Pero ademáis da nosa mensaxe, hai outras moi bonitas de cada clase, que podedes ver na páxina do cole.

Para ver o que fixemos na nosa clase de terceiro, pincha na imaxe.




venres, 15 de novembro de 2024

Visita á Afundación

Co gallo do 10º aniversario de Afundación, celébrase unha serie de exposicións por toda Galicia de forma simultánea. Na nosa cidade da Coruña acolleuse unha destas mostras titulada Modo retrato, na que se recorren varias obras da historia da arte de Galicia desde o século XIX ao XXI, afondando no xénero do retrato desde diferentes ópticas, estilos e linguaxes.



Vimos varios tipos de retrato como o Intimista, o Retrato familiar, o retrato social, o Retrato feminino e o Retrato emocional. Este último tipo gustounis moito porque a través das cores e das formas podes saber qué emocións está sentindo a persoa que pintou esa obra.

Tamén fixemos un taller no que nos convertimos en artistas pintando un retrato dun compañeiro ou compañeira e foi moi divertido.

E finalmente, puidemos facer unha foto diante do Kiosco Alfonso seguindo a ruta de Lecturitas para o proxecto do cómic deste curso.

Pero se queredes disfrutar un anaquiño de todo o que vimos hoxe.....pincha na foto de arriba e poderás ver as fotos da xornada.








mércores, 13 de novembro de 2024

Entrega de diplomas aos participantes do concurso Palabreando

 Hoxe, dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega, viñeron á nosa aula a entregar uns diplomas para aqueles nenos e nenas que participaron no concurso da palabra do mes.

Fíxonos moita ilusión!



Investigando a Snoopy

 Este curso, no proxecto do cole tocounos o cómic de Snoopy, e unha das primeiras tarefas que tivemos que facer foi investigar todo sobre el.

Divertímonos moito cos descubrimentos que fixemos e colgamos todas as nosas fichas de investigación no noso corcho da aula. Sabiades que Snoopy ten unha estrela no Paseo da fama de Hollywood?

E para ambientar a nosa clase fixemos un crebacabezas deste canciño tan simpático e pegámolo na porta.