venres, 28 de febreiro de 2025

Festa de entroido

 Un ano máis o noso cole celebrou o entroido con moita ledicia e color. Puidemos disfrutar dun día de disfraz libre e deixar voar a nosa imaxinación e hoxe, venres, celebrar dunha festa de entroido con moito humor levando polas rúas os nosos cómics visuais. 

Nós disfrutamos moito representando a Snoopy polas rúas da nosa vila, bailamos, cantamos e rimos. 


Se pinchas na imaxe de abaixo poderás ver todas as fotos.







venres, 14 de febreiro de 2025

TEI

 Hoxe celebramos o día do amor e a amizade coas nosas titoras e tirores de 5º. Xuntos realizamos uns retratos que intercambiamos.

Debuxamos, falamos e compartimos!

Pincha na imaxe para ver as fotos da actividade.






martes, 11 de febreiro de 2025

DÍA DA INTERNET SEGURA

 Hoxe celebramos o Día da Internet Segura realizando un taller online organizado polo INCIBE ( Instituto Nacional de Ciberseguridade).

Visualizamos varios vídeos con situacións coas que nos podemos atopar na Internet e participamos tomando decisións para actuar contra ciberacoso, os contidos prexudiciais e os retos virais.

Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos da actividade.






venres, 7 de febreiro de 2025

PLAN PROXECTA CHARLA STOP ACCIDENTES

 Hoxe visitounos Guillermo, un técnico de Stop Accidentes para contarnos moitas cousas importantes que debemos ter en conta cando nos desprazamos pola rúa. Reflexionamos sobre a solidaridade entre nós pode axudar a garantir a nosa seguridade vial.