Hello kids, lo prometido es deuda. Aquí tenéis vuestros maravillosos selfies.
Well done!😄
Nesta ocasión son Iago, Vicky e Valeria os que comparten connosco os seus experimentos. Iago amósanos como se produce a condensación e a formación das nubes; Vicky explícanos o proceso de evaporación; e Valeria fai desaparecer unha moeda, non, non é un truco de maxia, senón o principio de refracción da luz. Canto estamos aprendendo! Fantástico, moitos parabéns!
Tamén Enzo nos explica moi ben co seu experimento cales son os estados da auga. Parabéns!
https://drive.google.com/file/d/1Xw7b5K-BoDDb6j36QlDkijXSVeN15sHM/view?usp=sharing
A evaporación é o cambio de estado elixido por Breixo para o seu experimento. A que o fixo xenial? Parabéns!
E Joao fainos unha excelente descrición do ciclo da auga e de todos os cambios de estado, con nube incluída. Fantástico traballo!
https://drive.google.com/file/d/1ZGjEmtCidCr6ZdFb8QxrG0AKFwGNEf-q/view?usp=sharing
Grazas, Lucía!
Estamos a estudar a auga e o aire e as súas propiedades, e que mellor xeito de facelo que experimentando con eles.
E aquí tedes ao noso compañeiro Marco, que nos amosa co seu experimento de flotación como o xeo flota na auga. Tamén o fará no aceite? Estade moi atentos á súa explicación. Parabéns, Marco!
Estes días estamos aprendendo moitas cousas na clase de Ciencias da Natureza sobre alimentación e saúde. Por iso vos propoño un reto que vos vai axudar dunha maneira moi divertida a saber máis. Pinchade no enlace e tentade resolver os retos deste escape room. Atrevédesvos?