Esta semana tivemos unha nova sesión do Programa TEI para continuar traballando as emocións. Nesta ocasión partimos da curta Rato en venta, coa que aprendemos valores como a tolerancia e o respecto aos demais. É moi importante aceptar as diferenzas como algo enriquecedor e non discriminar a ninguén, Para rematar fixemos unha actividade cooperativa na que descubrimos que igual que todos somos diferentes e especiais tamén temos moitas cousas en común, moitas máis das que pensamos, e aquí tedes unha pequena mostra.
venres, 19 de novembro de 2021
SOMOS DIFERENTES, PERO TEMOS COUSAS EN COMÚN PROGRAMA TEI
sábado, 13 de novembro de 2021
PRESENTACIÓN TITORES E TITORAS TEI
Onte tivemos a presentación dos nosos titores e titoras de 5º de EP e por fin puidemos coñecelos. Foi un encontro moi emocionante no que nos contaron cal era a súa función e, aínda que temos que continuar seguindo as normas do protocolo COVID e non podemos saír xuntos ao patio, si que podemos comunicarnos a través doutras vías. Pola nosa parte, démoslles as grazas por poder contar con eles para resolver eses pequenos conflitos que puidesen xurdir na convivencia. Tamén fixemos intercambio de agasallos; eles entregáronnos uns marcapáxinas chulísimos e nós unhas tarxetas que fixemos con moita ilusión.
Moitas grazas, titores e titoras!
Pinchade na ligazón para ver algunhas fotos
Presentación titores e titorizados
xoves, 11 de novembro de 2021
LECTURA COMPARTIDA
Hoxe comezamos a lectura compartida de Natacha, un libro de Luis Pescetti, escritor e músico arxentino especializado en literatura infantil, e ilustrado por Pablo Fernández. Natacha é unha rapaza divertida e preguntona, que ten unha nai que inventa contos de monstros, unha amiga chamada Pati e un can, Rafles, un pouco estragador.
O comezo foi moi interesante e rímonos moito. Xa vos contaremos máis cousas do que vaiamos aprendendo coa lectura. Tamén tivemos sesión de biblioteca e puidemos facer os nosos primeiros préstamos.
Aquí tenéis unas actividades interactivas para repasar
todo lo aprendido. No tenéis más que hacer
clic en los títulos destacados en azul.
IMPORTANTE: En algunas actividades tenéis la
posibilidad
de enviarme vuestras respuestas. Me gustaría mucho
recibirlas. Para eso, una vez terminada la ficha
hacéis click en TERMINADO y en ENVIAR MIS
RESPUESTAS A MI PROFESOR y con ayuda
, completáis el formulario con vuestros datos
y lo enviais a mi correo: english@sadaycontornos.es
RECORDAD: si tenéis problemas con el listening
, decidle a "mummy or daddy" que utilicen como
navegador :
GOOGLE CHROME or SAFARI
Ah!, y no las hagáis todas el mismo día que son muchas, vale?
AT SCHOOL ( school subjects)
SCHOOL SUBJECTS ( Hangman) writing
activity
DAYS OF THE WEEK ( yesterday and tomorrow)
WHAT TIME IS IT? QUIZ
luns, 8 de novembro de 2021
MÁIS XOGOS COAS TÁBOAS
Repasar as táboas de multiplicar tamén pode ser divertido. Realizade estas fichas interactivas e comprobade os vosos resultados. Ánimo!
liveworksheets.com
liveworksheets.com
liveworksheets.com
mércores, 3 de novembro de 2021
O MONSTRO DE CORES
Hoxe realizamos unha actividade do Programa TEI baseada no conto O monstro de cores. Traballamos valores como o autodescubrimento e a colaboración e identificamos as principais emocións, expresando o que significan para cada un de nós a ledicia, a tristura, a ira, o medo e o noxo. Rematamos xuntando os queixiños que debuxamos para formar os círculos das emocións.
LEDICIA TRISTURA MEDO IRA NOXO
martes, 2 de novembro de 2021
RECEITAS SAUDABLES DE OUTONO
Por fin temos xa as deliciosas receitas saudables de outono que fixestes. Podédelas ver nesta presentación. Moitísimas grazas pola vosa colaboración e parabéns!