domingo, 13 de novembro de 2022

Actividade TEI: Somos diferentes pero temos cousas en común.

 

Esta semana o alumnado de terceiro realizou unha actividade do programa TEI : Somos diferentes pero temos cousas en común. Para realizala tiveron que ver primeiro o vídeo de " Ratón en venta" que podedes ver pinchando na foto.

A continuación, respondimos a unhas preguntas de forma individual sobre a historia, fixemos un debuxo do que máis nos gustou e falámolo en gran grupo para ver todas as cousas que tiñamos en común.





Aniversario de Sergio

 Esta semana felicitamos a Sergio, que estivo de aniversario.


               





luns, 31 de outubro de 2022

SAMAÍN

 Cun gran soriso e con moita emoción celebramos o samaín en 3º. Foi unha xornada moi intensa na que xogamos, rimos, démonos sustos e....tamén traballamos.

Como artistas responsables coa noso museo de arte no cole, nas primeiras horas da mañá estivemos traballando en dous proxectos que vos van encantar. O primeiro, realizámolo cos nosos tutores e tutoras de 5ºEP e consistiu en facer uns cadros ao estilo de Archimboldo, e o segundo proxecto adicámolo a decorar unhas calaveiras coas nosas pegadas, porque como dicía Kandinsky, " todo comeza cunha pegada".

Deixamos abaixo as fotos da xornada para que poidades compartir con nós tantas emocións.











xoves, 27 de outubro de 2022

CONTACONTOS DE HALLOWEEN NA BIBLIOTECA.

 Hoxe, os nenos e nenas de 4º EP fixeron de contacontos para os seus compañeiros e compañeiras de 3ºEP. Gustounos moito a experiencia e pronto queremos repetir!

Moitas grazas compañeiros e compañeiras de 4º.





mércores, 26 de outubro de 2022

MONSTRO DE CORES. ACTIVIDADE TEI.

Hoxe, como parte do programa TEI, fixemos un traballo sobre a identificación das nosas emocións básicas e como podemos afrontalas cando xurdan. Foi moi divertido coñecer como cada un e unha de nós sentimos as emocións de diferentes formas, pero todas elas moi importantes.



PRESENTACIÓN DE LUCÍA, A NOSA ORIENTADORA.

 Como todos os anos, Lucía, a nosa orientadora veu a presentarse e a contarnos unha historia especial para facernos pensar sobre a importancia de ser nós mesmos. Tamén para darnos algún que outro consello que nos virá de moi neste  curso escolar. 

Explicounos a importancia de saber como nos sentimos e que se algunha vez precisamos falar con ela, sempre sempre está á nosa disposición.



Este curso todas e todos imos desplegar as nosas ás!



Se clicas na foto poderás ver as fotos da visita de Lucía.


A MOCHILA VIAXEIRA DE ROI

 Esta fin de semana pasada Roi levou a mochila viaxeira e puido compartir coa súa familia moitas aventuras e tamén conversas moi interesantes. Roi, ademáis, agasállanos cun debuxo do conto que máis lle gustou.