mércores, 23 de novembro de 2022

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

 
                                                                                  
Hoxe realizamos a saída ao Museo de Belas Artes para realizar un taller sobre a Liña .Mancha. Cor. Percorrimos as diferentes salas do museo para descubrir e aprender cousas sobre os distintos períodos históricos.



Afondamos tamén no coñecemento de algúns pintores, analizando as diferentes técnicas que utilizaban nas súas obras e tamén coñecendo as historias que se atopaban detrás de cada pintura, como por exemplo o mito de Ícaro e Dédalo.

Pasámolo moi ben porque aprendimos a través do xogo e... ademáis, trouxemos unha tarefa pendente, que consiste en realizar unha obra con manchas de cor utilizando a nosa creatividade para convertilas en algo que poidamos recoñecer. Estamos desexando empezar!

Pincha na imaxe para ver as fotos da xornada.



martes, 22 de novembro de 2022

Parabéns Lía.

 Hoxe celebramos o aniversario de Lía no cole. Desexamos que tiveras un día cheo de moita ledicia.




domingo, 13 de novembro de 2022

Actividade TEI: Somos diferentes pero temos cousas en común.

 

Esta semana o alumnado de terceiro realizou unha actividade do programa TEI : Somos diferentes pero temos cousas en común. Para realizala tiveron que ver primeiro o vídeo de " Ratón en venta" que podedes ver pinchando na foto.

A continuación, respondimos a unhas preguntas de forma individual sobre a historia, fixemos un debuxo do que máis nos gustou e falámolo en gran grupo para ver todas as cousas que tiñamos en común.





Aniversario de Sergio

 Esta semana felicitamos a Sergio, que estivo de aniversario.


               





luns, 31 de outubro de 2022

SAMAÍN

 Cun gran soriso e con moita emoción celebramos o samaín en 3º. Foi unha xornada moi intensa na que xogamos, rimos, démonos sustos e....tamén traballamos.

Como artistas responsables coa noso museo de arte no cole, nas primeiras horas da mañá estivemos traballando en dous proxectos que vos van encantar. O primeiro, realizámolo cos nosos tutores e tutoras de 5ºEP e consistiu en facer uns cadros ao estilo de Archimboldo, e o segundo proxecto adicámolo a decorar unhas calaveiras coas nosas pegadas, porque como dicía Kandinsky, " todo comeza cunha pegada".

Deixamos abaixo as fotos da xornada para que poidades compartir con nós tantas emocións.











xoves, 27 de outubro de 2022

CONTACONTOS DE HALLOWEEN NA BIBLIOTECA.

 Hoxe, os nenos e nenas de 4º EP fixeron de contacontos para os seus compañeiros e compañeiras de 3ºEP. Gustounos moito a experiencia e pronto queremos repetir!

Moitas grazas compañeiros e compañeiras de 4º.





mércores, 26 de outubro de 2022

MONSTRO DE CORES. ACTIVIDADE TEI.

Hoxe, como parte do programa TEI, fixemos un traballo sobre a identificación das nosas emocións básicas e como podemos afrontalas cando xurdan. Foi moi divertido coñecer como cada un e unha de nós sentimos as emocións de diferentes formas, pero todas elas moi importantes.