luns, 29 de maio de 2023

PROGRAMA XOGADE: VELA LIXEIRA II

Hoxe realizamos a segunda xornada de vela. Tivemos a sorte de que o mar estaba en perfectas condicións para continuar coas nosas aprendizaxes. 

Clica na imaxe para ver algunhas fotos e vídeos da xornada.



luns, 22 de maio de 2023

PROGRAMA XOGADE: VELA LIXEIRA

Hoxe comezamos a converternos en mariñeiros e mariñeiras da man dos técnicos da Escola de Vela Alamar. Foi unha xornada moi intensa e chea de emocións.

Aquí podedes ver algunhas fotos e vídeos



martes, 16 de maio de 2023

                               FESTIVAL LETRAS GALEGAS


O martes 16 de maio tivo lugar na Casa da Cultura o festival que vimos realizando estes últimos anos para conmemorar o día das Letras Galegas. O noso curso realizou un baile da canción "Catro vellos mariñeiros". Pinchade na imaxe e poderedes ver un resumo de todo o festival.


CONTACONTOS


 O venres 3 de maio recibimos a visita duns alumn@s do Ies Isaac Díaz Pardo que viñeron a realizar unha sesión de contacontos dentro da asignatura de Oratoria. Os contos foron inventados por eles mesm@s e resultaron unha gran experiencia para todo o alumnado.

xoves, 4 de maio de 2023

VISITA AFUNDACIÓN FERROL: A NOSA ARTE

Hoxe fixemos unha saída á Sede de Afundación en Ferrol para realizar a actividade Píntame unha poesía e escribireiche unha obra.

Ademáis de coñecer algunhas obras da colección do Parlamento de Galicia participamos nun obradoiro de robótica no que xunto cuns robots creamos unhas obras de arte moi orixinais.

Foi unha visita moi entretida na que aprendemos moitas cousas interesantes.

Fai clic na imaxe para ver as fotos da xornada



martes, 18 de abril de 2023

 PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O martes 18 de abril realizamos na biblioteca do centro unha actividade titulada "Plantando árbores con pinceis" dentro do programa de actividades de Afundación. O taller consistiu no pintado de bolsas de tea.



venres, 14 de abril de 2023

 ACTIVIDADE EN LIÑA CO CGAC

O venres 14 de abril os cursos de 3º e 4º de Primaria tivemos unha actividade en liña co Centro Galego de Arte Contemporáneo. A visita consistiu nunha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer a arte actual. O obxectivo é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.