Esta semana comezamos a confeccionar os nosos disfraces para o Entroido.
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos
E non vos esquezades de seguir os Mandados do Meco!
Esta semana comezamos a confeccionar os nosos disfraces para o Entroido.
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos
E non vos esquezades de seguir os Mandados do Meco!
Hoxe celebramos o Día da Paz cun acto colectivo no que realizamos o ritual Sawabona, entregando bolboretas con palabras positivas entre as clases. O noso curso intercambiou as que fixemos cos nosos titores e titoras de 5º de EP.
Tamén cantamos e bailamos a canción Unha marea de xente.
E durante esta semana participamos na realización do mural conmemorativo titulado Respéctote, valórote, ti es importante para min, pintando bolboretas nunha das paredes do colexio, para reivindicar valores de empatía e solidariedade.
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe
BOLBORETAS POLA PAZ
E tamén proximamente máis imaxes e vídeos na web do colexio
Hoxe tivemos unha sesión de primeiros auxilios cos técnicos de ASGATE (Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias).
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da sesión
Esta semana comezamos a lectura colectiva, na hora de ler, do libro El ataque polilla, de Ledicia Costas.
Coñeceremos a historia de Eleonora, unha vampira que vive nunha biblioteca e é bastante especial... Xa vos contaremos o que imos aprendendo con ela.
Por fin chegou á clase a mochila viaxeira, que percorrerá as nosas casas perante este curso. Como sabedes, Lecturitas viaxou por todo o mundo e trouxo moitos amigos e amigas. Por iso, ademais de disfrutar dos libros en familia, esta vez tamén poderemos coñecer a Buba...
GRAZAS, LECTURITAS!
Este curso o noso centro porá en marcha, xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Mobilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!.
Por iso, hoxe participamos nun taller de mobilidade sostible e segura no que aprendemos e reflexionamos sobre hábitos de convivencia e solidariedade nas vías públicas.
Pinchade na imaxe para ver as fotos da sesión