martes, 11 de febreiro de 2025

DÍA DA INTERNET SEGURA

 Hoxe celebramos o Día da Internet Segura realizando un taller online organizado polo INCIBE ( Instituto Nacional de Ciberseguridade).

Visualizamos varios vídeos con situacións coas que nos podemos atopar na Internet e participamos tomando decisións para actuar contra ciberacoso, os contidos prexudiciais e os retos virais.

Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos da actividade.






venres, 7 de febreiro de 2025

PLAN PROXECTA CHARLA STOP ACCIDENTES

 Hoxe visitounos Guillermo, un técnico de Stop Accidentes para contarnos moitas cousas importantes que debemos ter en conta cando nos desprazamos pola rúa. Reflexionamos sobre a solidaridade entre nós pode axudar a garantir a nosa seguridade vial.












venres, 31 de xaneiro de 2025

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 Hoxe tivemos unha divertida xornada de convivencia na que todo o cole compartimos e xogamos xuntos para conmemorar o Día Escolar da non violencia e da Paz.

Pasámolo moi ben!







luns, 27 de xaneiro de 2025

Viñetas dende Sada - Dentro do cómic de Snoopy.

Fixemos avatares como se fósemos personaxes de Snoopy, que é a personaxe de cómic que nos tocou.
Non sei que vos parecerán, pero a nós gústaronnos moito!




martes, 17 de decembro de 2024

Carreira solidaria a prol dos afectados pola Dana

Hoxe toda a comunidade educativa do noso cole participou nunha carreira solidaria en beneficio dos afectados pola Dana. Pasámolo moi ben e foi moi bonito vernos unidos por un ben común.

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da xornada.

Grazas!




Quen é quen?

 Hoxe visitamos no corredor da biblioteca o mural colaborativo onde poidemos descubrir cousas dos diversos personaxes de cómic que traballamos no cole, Snoopy, os Pitufos, Mafalda.......