PARABÉNS ALBA
Alba, desexamos que hoxe pases un día moi especial de aniversario.
BENVIDOS A 3º EP!
Chegou o final de curso e toca descansar e recuperar forzas.
Moitos parabéns polo gran traballo e esforzo realizado en 3º. Foi un curso cheo de experiencias positivas e aprendizaxes compartidas e xa estades preparadísimos para comezar 4º.
Déixovos unha ligazón coas miñas recomendacións especiais para o verán.
Felices vacacións e mil apertas!
Hoxe os nenos e nenas do cole amosáronnos os seus talentos no Sada Talent. Todo un espectáculo no que o pasamos xenial. Parabéns!
Na web do cole tamén podedes ver o ben que o pasamos onte no concerto "A Música das buguinas" de Mamá Cabra e Bellón Maceiras.
Alejandra e Sara léronnos La montaña de libros más alta del mundo, un precioso álbum ilustrado no que Lucas descobre que para voar non nos fan falta ás, xa que se pode conseguir coa lectura; e Yago contounos unha das moitas aventuras de Ra e Rata.
Hoxe queremos compartir con vós as nosas versións do Universo e as constelacións ao estilo de Miró. Para rematar o tema do Sistema Solar quixemos desenvolver a nosa creatividade e ao mesmo tempo coñecer un pouco máis a este artista. Esperamos que vos gusten as nosas obras!
Cruz Vermella de Sada realiza cada ano unha actuación de limpeza na nosa vila e nesta ocasión os cursos de 3º e 4º de Primaria colaboramos con eles na recollida de residuos na Praia das Delicias. Foi unha actividade moi interesante na que participamos con moita ilusión e gañas e na que aprendemos moitas cousas cos voluntarios, que nos explicaron o que tiñamos que recoller e como se fai despois a clasificación dos residuos.
Nun ratiño puidemos ver a gran cantidade de lixo que se acumula nas nosas praias!É moi importante ser responsables e cumprir coa regra dos tres erres, reducir, reutilizar e reciclar, para coidar a natureza.
Lembrade que todos podemos axudar a diminuír a cantidade de residuos!
Pinchade na ligazón para ver as fotos da actividade