Dentro das actividades para conmemorar o Día da Paz realizamos unha actividade de cohesión cos nosos titores/as de 5º para continuar mellorando o coñecemento entre as distintas parellas.
luns, 30 de xaneiro de 2023
xoves, 26 de xaneiro de 2023
Actividade TEI: Inside out “Del Revés"
Partindo do vídeo da película "Inside Out", esta actividade ten como obxectivo traballar o descubrimento das emocións engadindo dúas novas: vergoña e sorpresa.
En pequeno grupo traballaron unha ficha preparada para cada emoción coas que logo realizamos un mural que quedou moi chulo.
martes, 24 de xaneiro de 2023
Actividade de Taekwondo
venres, 20 de xaneiro de 2023
xoves, 22 de decembro de 2022
VACACIÓNS DE NADAL
E casi sin darnos conta chegou o Nadal e con el as vacacións que tanto esperabamos para compartir ilusións, esperanza, agasallos, risas e sobre todo, estar coa familia.
Coma todos os anos, no cole pasamos unha xornada moi moi divertida donde compartimos cos compañeiros e compañeiras e tamén cos profes risas, apertas, manualidades, agasallos e.....a desexada visita dos reis Magos.
Se pinchades na imaxe poderedes ver algunhas fotos.
luns, 19 de decembro de 2022
SABES O QUE É REALMENTE UNHA BROMA?
Basada no vídeo, trabállase sobre a idea de que todo o que publiques o pode ver e compartir calquera e por tanto, a necesidade de facer do espazo dixital un espazo seguro, poñendo especial énfase nos contidos que comparten, definindo o que pode ser unha broma e o que non (aquilo que nos molesta deixa de ser broma).
Se pinchas na imaxe podes ver o vídeo.








