ANIVERSARIOS FEBREIRO
Felicitamos aos nenos que cumpriron anos neste mes de febreiro.
Parabéns a Nathan, Ciprian e Marcos!
Dentro do Proxecto de Centro Cre-Arte, que neste segundo trimestre está dedicado á escultura, realizamos un obradoiros de modelaxe con arxila e elaboración de pequenas esculturas.
A actividade, dirixida pola monitora Margarita Herce, pretendía incentivar a nosa creatividade deixando voar a nosa imaxinación...
As figuras elaboradas agora irán a cocerse a un forno especial e despois teremos que pintalas para que quede a obra rematada. Xa vos iremos contando.
Dentro das actividades para conmemorar o Día da Paz realizamos unha actividade de cohesión cos nosos titores/as de 5º para continuar mellorando o coñecemento entre as distintas parellas.
Partindo do vídeo da película "Inside Out", esta actividade ten como obxectivo traballar o descubrimento das emocións engadindo dúas novas: vergoña e sorpresa.
En pequeno grupo traballaron unha ficha preparada para cada emoción coas que logo realizamos un mural que quedou moi chulo.
E casi sin darnos conta chegou o Nadal e con el as vacacións que tanto esperabamos para compartir ilusións, esperanza, agasallos, risas e sobre todo, estar coa familia.
Coma todos os anos, no cole pasamos unha xornada moi moi divertida donde compartimos cos compañeiros e compañeiras e tamén cos profes risas, apertas, manualidades, agasallos e.....a desexada visita dos reis Magos.
Se pinchades na imaxe poderedes ver algunhas fotos.