PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS
O martes 18 de abril realizamos na biblioteca do centro unha actividade titulada "Plantando árbores con pinceis" dentro do programa de actividades de Afundación. O taller consistiu no pintado de bolsas de tea.
ACTIVIDADE EN LIÑA CO CGAC
O venres 14 de abril os cursos de 3º e 4º de Primaria tivemos unha actividade en liña co Centro Galego de Arte Contemporáneo. A visita consistiu nunha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer a arte actual. O obxectivo é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
Neste trimestre, dentro do proxecto Cre-Arte que estamos desenvolvendo este curso, realizamos moitas actividades relacionadas coa escultura.
Para rematar visitamos as salas do museo que cada aula preparou e gozamos coas explicacións dos nosos compañeiros e compañeiras. Nós tamén tivemos que realizalas!
Aquí podedes ver un pouco de todo o que fixemos.
Vídeo resumo da actividade
TEI: ENQUISA E ACTIVIDADE DE COHESIÓN
Hoxe fixemos a enquisa sobre o programa TEI cos nosos titores de 5º. Fomos a súa clase e axudáronnos no que precisamos.
Despois sacamos as colchonetas ao patio e fixemos unha actividade de cohesión "Acrosport" na que fixemos diferentes letras e tamén figuras co noso corpo. Foi moi divertido e pasámolo xenial!
TEI : A TÚA PRIMEIRA VEZ
Esta actividade do programa TEI traballa a importancia de que o alumnado sexa consciente de que o acceso ás novas tecnoloxías e dispositivos prodúcese desde idades moi temperás. É importante facerlles ver a necesidade de que coñezan os beneficios e tamén os riscos e perigos que se poden atopar en internet, os cales medran se non hai unha supervisión ou formación axeitada.
Durante este trimestre traballamos os distintos tipos de ecosistemas. Aquí tedes unha mostra das maquetas que realizamos en pequenos grupos.
Fai clic na imaxe para ver os nosos traballos