xoves, 30 de novembro de 2023
mércores, 29 de novembro de 2023
ROBÓTICA: REPASAMOS OS ANIMAIS CO TALE-BOT
Hoxe realizamos unha actividade de robótica, na que empregamos o TALE-BOT para repasar o aprendido dos animais vertebrados e invertebrados. Xogamos e aprendemos e dásenos moi ben!
Pinchade na imaxe para ver as fotos da sesión.martes, 28 de novembro de 2023
PROXECTO SADABONA: MÚSICA E CULTURA GALEGA
Dentro das actividades que estamos realizando na clase, coa colaboración das familias, para o Proxecto Sadabona, hoxe tocoulle á nosa terra, Galicia. Visitáronnos María, a nai de Icía, e Eva, a nai de Laila, unha compañeira de sexto curso. Ámbalas dúas son pandereiteiras e quixeron compartir connosco un anaco de tradición, cultura e música galega.
Foi precioso escoitar as historias que nos contaron sobre os instrumentos chamados "pobres" e a súa orixe; os contos de labregos, lareiras e tantas tradicións transmitidas polos nosos avós e avoas...
Aprendemos que facían música coas cousas que tiñan á man, ata co sacho co que traballaban a terra, e puidemos probar a tocar coas culleres, as latas de pimentón, as cunchas, a botella de anís... Tamén nos ensinaron instrumentos tradicionais, como o pandeiro e a pandeireta.Disfrutamos moito coa súa música e as súas cancións!
E ata nos trouxeron o noso diploma de percusión tradicional personalizado, co que xa semella que estamos preparados para ser transmisores orais da cultura musical galega. Por iso, xa sabedes, a manter vivas as nosas tradicións!
Moitísimas grazas por este obradoiro tan bonito e enriquecedor! Encantounos e pasámolo xenial. Moitos parabéns!
Pinchade na imaxe para ver as fotos e vídeos da sesión.
luns, 27 de novembro de 2023
venres, 24 de novembro de 2023
25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta semana realizamos diversas actividades relacionadas co 25 N, para rexeitar calquer tipo de violencia contra as mulleres.
Recortamos e engurramos as siluetas para o mural colectivo que fixemos no colexio, representando así a pegada que a violencia deixa nas persoas. Aprendemos a canción Ni una más, de Aitana, e preparamos unha coreografía con Aroa para a estrofa que nos tocou. Canto traballamos para aprendela e que ben nos saíu! Tamén realizamos carteis co lema deste ano.E hoxe participamos no acto colectivo no patio.
Pinchade na imaxe para ver fotos desta conmemoración.
E podedes ver máis na web do colexiomartes, 21 de novembro de 2023
PROXECTO SADABONA: COÑECEMOS VENEZUELA
Continuamos na nosa viaxe coñecendo os países de orixe dos nenos e nenas da clase. Hoxe visitáronnos os pais de Vicky, Raquel e Emilio, para achegarnos a Venezuela e ensinarnos as marabillosas riquezas paisaxísticas deste precioso país.
Contáronnos a súa situación, como son o seu relevo e o seu clima, os lugares turísticos...e é que Venezuela, como din eles, o ten todo: praias, desertos, montañas, chairas, ríos, pontes, cidades e lagos. Tamén nos ensinaron moitas curiosidades, como o fenómeno meteorolóxico do Catatumbo, no que se producen máis de 28 raios por minuto; ou que no país atópase a araña máis grande do mundo.Non paramos de participar e facer preguntas!
E para finalizar, nada mellor que coñecer un dos xogos tradicionais máis populares de Venezuela, Ponlle o rabo ao burro, e uns crebacabezas máxicos que nos encantaron.
Pinchade na imaxe para ver as fotos da sesión e o ben que o pasamos.
Moitísimas grazas pola visita e parabéns por este precioso traballo e a vosa colaboración!



.jpg)





.png)
.png)








