Xa estamos en terceiro! Comenzamos un novo curso cheo de emoción e con moitos proxectos.
Rematamos este curso, no que compartimos moitísimas experiencias e aprendizaxes que fomos recollendo neste blog, moitas emocións, traballo e esforzo. Agora toca descansar e desfrutar das vacacións.
Déixovos as miñas especiais recomendacións para o verán.
3º MOLA CANTIDADE
PARABÉNS E FELIZ VERÁN!
As voluntarias da ONG África Sawabona estiveron connosco toda unha xornada para achegarnos a Senegal e recoller as pastas dentais que doamos toda a comunidade educativa. Gravaron algúns momentos da actividade e o resultado plasmárono neste vídeo de agradecemento que nos enviaron.
Moitísimas grazas ao alumnado e ás familias pola colaboración e tamén á ONG por contar connosco neste proxecto.
Parabéns por facer unha labor tan importante!
Clicaque na imaxe para ver o vídeo
Hoxe o segundo ciclo tivemos a excursión de fin de curso a Poboaventura, un parque lúdico educativo no que realizamos diferentes actividades, como rastrexo no medio, ecoxogos, obradoiro dos oficios...
Ademais, compartimos divertidos momentos de convivencia e xogo libre e gozamos da natureza e da contorna.
Podedes ver as fotos da saída pinchando na imaxe
Hoxe puidemos gozar dunha fantástica xornada de convivencia como remate do noso proxecto Sadabona.
Pasámolo xenial!
Podedes ver un vídeo resumo na páxina web do colexio e as fotos pinchando na imaxe.
Hoxe recibimos a visita das representantes da ONG ÁFRICA SAWABONA, coa que o 2º ciclo colaboramos dentro do PROXECTO SADABONA de interculturalidade.
Contáronnos como é a vida na aldea de Yamousa; como son as súas casas, a súa escola, a comida, o transporte... Tamén puidemos ver o moito que os nenos e nenas axudan ás súas familias.Esta ONG fai unha labor moi importante alí, mellorando as condicións de vida dos seus habitantes, desenvolvendo diversas accións no ámbito da saúde, da formación e da sensibilización.
Desde a nosa escola quixemos colaborar no seu proxecto de saúde bucodental coa donación de pastas dentais e foi todo un éxito coa axuda das familias e de varias empresas da localidade. E os nenos e nenas realizaron a presentación nas diferentes clases e en Sada, recolleron as pastas e participaron no proxecto con moito esforzo e ilusión.