Carlota era unha princesa rosa,
co seu vestido rosa e o seu armario
cheo de roupa rosa.
Pero Carlota estaba farta do rosa
e de ser unha princesa.
Ela quería poder vestir de vermello, de verde
ou de violeta... e non quería ter que bicar
sapos para ver se eran príncipes azuis.
Preguntábase por que as princesas
non podían sucar os mares
en busca de aventuras, voar en globo,
montar nun dragón
ou rescatar a un príncipe
das garras dun lobo feroz?
Con este bonito conto aprendemos algo moi importante que non debemos esquecer
e é que tanto as nenas como os nenos poden facer as mesmas cousas
e que se poden vestir como queiran!!