mércores, 25 de novembro de 2020

Hai algo más aburrido que ser unha princesa rosa?





 
Carlota era unha princesa rosa,
co seu vestido rosa e o seu armario
 cheo de roupa rosa.
Pero Carlota estaba farta do rosa
 e de ser unha princesa.
Ela quería poder vestir de vermello, de verde
 ou de violeta... e non quería ter que bicar
 sapos para ver se eran príncipes azuis.
Preguntábase  por que as princesas
non podían sucar os mares
 en busca de aventuras, voar en globo,
montar nun  dragón
 ou rescatar a un príncipe
 das garras dun lobo feroz?

Con este bonito conto aprendemos algo moi importante que non debemos esquecer
  e é que tanto as nenas como os nenos poden  facer as mesmas cousas
e que se poden vestir como queiran!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario