Para colaborar coa campaña do Día mundial de concienciación sobre o autismo, que se celebra o día 2 de abril, participamos no obradoiro de debuxo Unha feliz viaxe pola vida, que pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a ser felices. Así debuxamos o que significa para cada un de nós a felicidade e continuamos coa actividade que fixemos a semana anterior na que recollemos cada día algunha cousa que nos facía felices. Traballamos desta maneira o respecto ás diferenzas, a valoración da diversidade, a autoestima e o autoconcepto.
QUE COUSAS NOS FAN FELICES NO DÍA A DÍA
Ningún comentario:
Publicar un comentario