Ola! Hoxe tivemos o último día do curso de vela e pasámolo xenial! A pesares de que choveu un pouquiño saímos ao mar e continuamos aprendendo todos os segredos deste deporte. Foi unha sesión moi especial porque algúns puideron navegar xa sós utilizando os "cadetes" e os "optimist". Tamén practicamos diferentes tipos de nós e xa o facemos moi ben.
Unha xornada estupenda de convivencia e compañeirismo xunto aos nenos e nenas de quinto, chea de diversión e de risas.
Moitas grazas á escola de vela Alamar por darnos a oportunidade de coñecer este deporte e a todos os monitores polas vosas ensinanzas!
Este curso gustounos tanto que, ademais de facer algúns debuxos, Valeria elaborou o seu barco con masa e Marco tróuxonos unha maqueta moi chula. Parabéns!
Pinchade na ligazón para ver as fotos do curso
Ningún comentario:
Publicar un comentario