Os nenos e nenas de terceiro de primaria tivemos a presentación na biblioteca do programa TEI. Este programa é unha estratexia formativa para fomentar a convivencia escolar e previr o acoso escolar no centro. Este curso, ademais, estamos moi ilusionados e ilusionadas porque xa podemos compartir no patio e nas aulas cos nosos titores e titoras de 5ºEP. Estamos desexando coñecer os nosos titores e titoras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario