Hoxe realizamos unha nova actividade do PROGRAMA TEI, Somos diferentes, pero temos cousas en común.
Partindo da curta Ratón en venta, traballamos valores como o respecto polas diferenzas dos demais. A finalidade é que o alumnado aprenda que temos moitas máis cousas en común do que pensamos.
Compartimos as nosas reflexións sobre a amizade, a tolerancia, a discriminación e a importancia de aceptar as diferenzas.
E despois fixemos unha dinámica na que tentamos descubrir algunhas cousas que temos en común.
Fixémolo xenial!
Podedes ver algúns momentos da actividade no seguinte vídeo
Ningún comentario:
Publicar un comentario