martes, 17 de decembro de 2024

Carreira solidaria a prol dos afectados pola Dana

Hoxe toda a comunidade educativa do noso cole participou nunha carreira solidaria en beneficio dos afectados pola Dana. Pasámolo moi ben e foi moi bonito vernos unidos por un ben común.

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da xornada.

Grazas!




Quen é quen?

 Hoxe visitamos no corredor da biblioteca o mural colaborativo onde poidemos descubrir cousas dos diversos personaxes de cómic que traballamos no cole, Snoopy, os Pitufos, Mafalda.......




venres, 13 de decembro de 2024

A nosa árbore dos desexos

Esta semana estivemos traballando nunha árbore de Nadal que nos fixo moita ilusión porque é especial. Non ten bolas, nin brillantes adornos, pero ten escritos os nosos mellores desexos para estas festas. Porque os mellores desexos son os que saen do noso corazón.
Esperamos que vos guste moito!


O máis bonito é que traballamos todas e todos xuntos para pensalo e construilo. Pincha na imaxe e verás algunha foto do proceso.



martes, 3 de decembro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE - CARREIRA ENKI

 Como cada ano, celebramos esta data do 3 de decembro coa carreira Enki. Este ano non tivemos moita sorte co tempo, pero aínda así, puidemos disfrutar dunha mañá diferente e divertida.

Podedes ver as fotos da xornada pinchando na imaxe e na web do cole.




xoves, 28 de novembro de 2024

Quen é quen?

 Xa rematamos as nosas investigacions sobre Snoopy e fixemos un mural moi especial que recolle toda a información que tiñamos. Este traballo vaise expoñer no panel da biblioteca para o proxecto do cole Viñetas dende Sada, e seguiremos investigando e traballando para o seguinte trimestre que virá cargado de sorpresas.

Pero de momento, podedes ver un pouco do noso traballo se pinchades na imaxe.



luns, 25 de novembro de 2024

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Hoxe, 25 de novembro, como cada ano celebramos esta data tan importante asistindo a unha sesión de contacontos na casa da cultura. Alí, escoitamos 3 contos titulados: La historia de los bonobos con gafas, Artur y Clementina e Rosa Caramelo. 

En cada un deles, podemos aprender unha mensaxe moi importante que nos axudará nun futuro a erradicar a violencia de xénero e a vivir nunha sociedade en igualdade, sen estereotipos.

No noso cole, coma sempre, queremos poñer o noso gran de area para educar na igualdade e o respecto e dende a nosa clase de terceiro fixemos un mural recollendo unha mensaxe que acordamos entre todos e todas despois da lectura do conto Rosa Caramelo. A mensaxe é a seguinte: Eu decido quen quero ser e como. Medrando en liberdade.

Pero ademáis da nosa mensaxe, hai outras moi bonitas de cada clase, que podedes ver na páxina do cole.

Para ver o que fixemos na nosa clase de terceiro, pincha na imaxe.




venres, 15 de novembro de 2024

Visita á Afundación

Co gallo do 10º aniversario de Afundación, celébrase unha serie de exposicións por toda Galicia de forma simultánea. Na nosa cidade da Coruña acolleuse unha destas mostras titulada Modo retrato, na que se recorren varias obras da historia da arte de Galicia desde o século XIX ao XXI, afondando no xénero do retrato desde diferentes ópticas, estilos e linguaxes.



Vimos varios tipos de retrato como o Intimista, o Retrato familiar, o retrato social, o Retrato feminino e o Retrato emocional. Este último tipo gustounis moito porque a través das cores e das formas podes saber qué emocións está sentindo a persoa que pintou esa obra.

Tamén fixemos un taller no que nos convertimos en artistas pintando un retrato dun compañeiro ou compañeira e foi moi divertido.

E finalmente, puidemos facer unha foto diante do Kiosco Alfonso seguindo a ruta de Lecturitas para o proxecto do cómic deste curso.

Pero se queredes disfrutar un anaquiño de todo o que vimos hoxe.....pincha na foto de arriba e poderás ver as fotos da xornada.








mércores, 13 de novembro de 2024

Entrega de diplomas aos participantes do concurso Palabreando

 Hoxe, dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega, viñeron á nosa aula a entregar uns diplomas para aqueles nenos e nenas que participaron no concurso da palabra do mes.

Fíxonos moita ilusión!



Investigando a Snoopy

 Este curso, no proxecto do cole tocounos o cómic de Snoopy, e unha das primeiras tarefas que tivemos que facer foi investigar todo sobre el.

Divertímonos moito cos descubrimentos que fixemos e colgamos todas as nosas fichas de investigación no noso corcho da aula. Sabiades que Snoopy ten unha estrela no Paseo da fama de Hollywood?

E para ambientar a nosa clase fixemos un crebacabezas deste canciño tan simpático e pegámolo na porta.









mércores, 30 de outubro de 2024

Cohesión TEI

 Hoxe foi un un día moi especial para nós tamén porque coñecimos aos nosos titores e titoras de 5ºEP, que nos acompañarán neste curso para resolver os pequenos e grandes conflictos que nos poidan xurdir.

Primeiro fixemos un xogo no que nos tiñamos que encontrar e presentarnos e despois realizamos de forma colaborativa o envase para as castañas e unha pulseira moi moi chula.

Pincha na imaxe e poderás ver alhunhas fotos da actividade.



O Samaín

 A celebración do Samaín é unha das datas que máis nos gusta porque podemos disfrazarnos e xogar a ser o que nos apeteza e divírtenos moito.

Ademáis, podemos traer cabazas decoradas e o cole convírtese na casa do terror. É moi divertido!

Se pinchades na imaxe podedes ver algunhas das fotos, pero na páxina do cole podedes ver as de todo o cole.



Tamén poidemos escoitar unha edición especial de Samaín do " Tarabelo nas ondas", realizado por 1ºEP e que se pinchades na imaxe podedes escoitar. Felicitacións aos nenos e nenas de primeiro!





sábado, 26 de outubro de 2024

Museo do Humor

 Por fin a nosa primeira excursión!

Este venres puidemos disfrutar na nosa primeira excursión ao Museo do humor en Fene. Tamén puidemos visitar a biblioteca, que estaba dentro do mesmo museo, donde nos explicaron o seu funcionamento e fixemos unha búsqueda do tesouro moi divertida.

Visitamos diversas salas do museo e aprendimos moito, pero o que máis nos chamou a atención é que se poden dicir moitas cousas en clave de humor. 

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe.





mércores, 23 de outubro de 2024

Presentación do proxecto de bilioteca.

 Hoxe Raquel, a profe de 4ºA, veu a contarnos de que iba a tratar o proxecto do cole de este curso. Encantounos porque ademais de explicarnos que este curso iamos traballar co cómic, trouxonos un regalo dun cadro co personaxe que nos tocaba investigar á nosa clase. Que emoción! 

Se vos fixades na imaxe, podedes ver quen nos tocou, e se pinchades na imaxe veredes as fotos da presentación.




martes, 15 de outubro de 2024

Presentación do programa TEI

Este curso estamos emocionadas/os porque imos ter uns titores e titoras de 5º que nos van a axudar a resolver os nosos conflictos. Lucía explicounos en que consistía e como podemos disfrutar ao máximo dos seus beneficios.




martes, 1 de outubro de 2024

Presentación da orientadora Lucía e as súas funcións.

 Hoxe veunos visitar Lucía, a nosa orientadora do cole e explicounos quen era e que que podía facer para axudarnos. Tamén nos animou a que cando teñamos algúnha cousa que comentarlle que nos preocupe ou que nos angustie, que non dubidemos en contactar con ela, que sempre nos vai escoitar.



Se pinchades na primeira imaxe, podedes ver as fotos.

martes, 17 de setembro de 2024

xoves, 20 de xuño de 2024

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 Rematamos este curso, no que compartimos moitísimas experiencias e aprendizaxes  que fomos recollendo neste blog, moitas emocións, traballo e esforzo. Agora toca descansar e desfrutar das vacacións.

Déixovos as miñas especiais recomendacións para o verán.

3º MOLA CANTIDADE

PARABÉNS E FELIZ VERÁN! 

 

Recomendacións para o verán de Raquel Garcia

mércores, 19 de xuño de 2024

AGRADECEMENTO ÁFRICA SAWABONA

 As voluntarias da ONG África Sawabona estiveron  connosco toda unha xornada para achegarnos a Senegal e recoller as pastas dentais que doamos toda a comunidade educativa. Gravaron algúns momentos da actividade e o resultado plasmárono neste vídeo de agradecemento que nos enviaron.

Moitísimas grazas ao alumnado e ás familias pola colaboración e tamén á ONG por contar connosco neste proxecto. 

Parabéns por facer unha labor tan importante!

Clicaque na imaxe para ver o vídeo

 


 


martes, 11 de xuño de 2024

EXCURSIÓN A POBOAVENTURA

 Hoxe o segundo ciclo tivemos a excursión de fin de curso a Poboaventura, un parque lúdico educativo no que realizamos diferentes actividades, como rastrexo no medio, ecoxogos, obradoiro dos oficios...

Ademais, compartimos divertidos momentos de convivencia e xogo libre e gozamos da natureza e da contorna.

Podedes ver as fotos da saída pinchando na imaxe



luns, 10 de xuño de 2024

XORNADA DE CONVIVENCIA SADABONA

 Hoxe puidemos gozar dunha fantástica xornada de convivencia como remate do noso proxecto Sadabona. 

 


Pasámolo xenial!

 Podedes ver un vídeo resumo na páxina web do colexio e as fotos pinchando na imaxe.

 



luns, 27 de maio de 2024

PROXECTO COA ONG ÁFRICA SAWABONA

 Hoxe recibimos a visita das representantes da ONG ÁFRICA SAWABONA, coa que o 2º ciclo colaboramos dentro do PROXECTO SADABONA de interculturalidade.

Contáronnos como é a vida na aldea de Yamousa; como son as súas casas, a súa escola, a comida,  o transporte... Tamén puidemos ver o moito que  os nenos e nenas axudan ás súas familias. 

Esta ONG fai unha labor moi importante alí, mellorando as condicións de vida dos seus habitantes, desenvolvendo diversas accións no ámbito da saúde, da formación e da sensibilización.

Desde a nosa escola quixemos colaborar no seu proxecto de saúde bucodental coa donación de pastas dentais e foi todo un éxito coa axuda das familias e de varias empresas da localidade. E os nenos e nenas realizaron a presentación nas diferentes clases e en Sada, recolleron as pastas e participaron no proxecto con moito esforzo e ilusión.

 Parabéns polo voso traballo!

Moitas grazas!

Podedes ver fotos  das distintas actividades  pinchando na imaxe


 


mércores, 22 de maio de 2024

VISITA Á DOMUS

 Hoxe realizamos unha visita á Domus para facer un obradoiro de disección de flores, no que utilizamos o método científico para repasar as partes da flor e o proceso da fecundación. 

Encantounos esta actividade!

Tamén puidemos experimentar e disfrutar na exposición Bocados, que trata sobre nutrición e os obxectivos do desenvolvemento sostible da ONU. Nela puidemos camiñar sobre unha gran roda para comprobar as calorías consumidas;  subirnos nunha báscula especial que indica a cantidade de auga que corresponde ao peso da persoa; ou realizar diferentes estimacións de peso, volume e tempo.

Un museo no que o que está prohibido é non tocar!

E, para rematar, nada mellor que merendar coas súas  marabillosas vistas!

Pinchade na imaxe para ver as fotos da sesión


 


xoves, 16 de maio de 2024

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 Hoxe puidemos gozar do noso Festival das Letras Galegas e dunhas fantásticas actuacións.

En 3º dramatizamos o conto de A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e cantamos e bailamos Mola cantidade de Mamá Cabra. Ademais, María tocou Negra Sombra coa flauta. 

Agardamos que vos gustara a nosa participación, que podedes ver neste vídeo.


  

Tamén podedes ver fotos e vídeos na web do colexio e pinchando na imaxe


Parabéns a todos e todas!


mércores, 8 de maio de 2024

OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA

 Hoxe asistimos a un obradoiro lúdico realizado por Augas de Galicia, dentro da campaña de concienciación sobre inundacións por desbordamento de ríos, xa que o noso centro escolar está situado nunha zona especialmente vulnerable.

Aprendemos como funciona a natureza que nos arrodea, especialmente os ríos e as súas enchentes e coñecemos como as nosas accións poden influír no seu comportamento. 

A través da protagonista da campaña, a pinga de auga, fomos comprendendo diferentes aspectos das inundacións e puidemos intercambiar impresións e experiencias sobre o tema e sobre o Río Maior de Sada.

Tamén realizamos un experimento para ver a importancia que ten a vexetación na contorna dos ríos.

Podedes ver as fotos da actividade pinchando na imaxe


 


venres, 3 de maio de 2024

COLABORAMOS COA ONG ÁFRICA SAWABONA

 O luns, 6 de maio, comezaremos a campaña para a nosa colaboración coa ONG ÁFRICA SAWABONA.

 Podedes ver a información na seguinte presentación.


PROXECTO COLABORATIVO COA ONG ÁFRICA SAWABONA 2º CICLO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS de Raquel Garcia

xoves, 25 de abril de 2024

SAÍDA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Hoxe realizamos unha saída cos nosos titores e titoras de 5º de EP á Fundación María José Jove.

 Unha xornada de convivencia na que, ademais de disfrutar das obras, fixemos varias dinámicas  e xogos para aprender máis sobre interculturalidade e medio ambiente.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da actividade



FELIZ ANIVERSARIO!

 


luns, 22 de abril de 2024

ACTIVIDADE DE BALONMÁN

 Hoxe puidemos gozar  dunha clase práctica de balonmán, da man da FGB, que, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Sada, organiza do venres 3 ao domingo 5 de maio, unha proba do corcuíto balonmán na rúa 5x5, no que poderá participar alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da actividade



DESPEDIDA DE AINHOA

 Hoxe despedimos a Ainhoa despois de tres semanas compartindo connosco aprendizaxes, actividades e moitos sorrisos.



Tamén participamos no seu Proxecto de vídeopoema e aquí podedes ver o resultado.

 
Moitas grazas  e ata pronto!



venres, 19 de abril de 2024

MALGASTO ALIMENTARIO

 Hoxe fixemos unha visita á exposición Despilfarro alimentario, que está dispoñible na Casa da Cultura ata o 30 de abril.

Manos Unidas quere sensibilizarnos sobre a repercusión que o malgasto de alimentos ten no planeta e, especialmente, nos países en vías de desenvolvemento, porque a pesares de que a Terra produce alimentos suficientes para todos, uns os malgastan e case 800 millóns de persoas pasan fame. 

Durante a visita tivemos que buscar a solución a varias cuestións traballando en equipo. Fixémolo xenial e atopamos todas as respostas!

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos