xoves, 21 de abril de 2022

OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL

 Hoxe realizamos na clase un obradoiro de reciclado de papel con Matrácala. Puidemos ver e experimentar todo o proceso e aprender como aproveitar os recursos de xeito responsable. Tamén escribimos con tinta e pluma, como se facía antigamente, unha palabra sobre o que a cada un nos transmiten os libros. E ata puxemos un selo lacrando a nosa peza! Encantounos a actividade e pasámolo xenial! 

Aquí vos deixo algunhas fotos, pero se queredes ver máis pinchade na ligazón:

 Obradoiro de papel reciclado


 











venres, 8 de abril de 2022

ÁRBORES ESTILO KANDINSKY

 Ola! Compartimos con  vós as árbores estilo Kandinsky que fixemos a partires das nosas mans e engadindo círculos de cores. Quedaron chulísimas!

 


 

 


 





















xoves, 7 de abril de 2022

LECTURAS

 Xa rematamos a lectura colectiva do libro El club de los raros e gustounos moito a todos e todas. Hugo e Bernardo son dous nenos que o pasan bastante mal na escola porque un é tartamudo e outro disléxico, pero todo cambia cando deciden fundar un club  para apoiarse e non sentirse sós. Así descubriron que todos son diferentes e especiais e que a unión fai a forza. 

E aquí tedes un xogo do libro para ver o que sabedes dos seus personaxes:

RULETA DE PALABRAS

Tamén continuamos coas sesións de contacontos na biblioteca. 

Parabéns!




mércores, 6 de abril de 2022

PALABRAS BONITAS

Ola! Estes días na clase de Valores traballamos  co conto La coleccionista de palabras, unha fermosa historia que podedes ver neste vídeo...


 E entón chegou á nosa clase  unha carta de Luna pedíndonos axuda para poder seguir repartindo palabras bonitas, palabras de paz e tolerancia que tanto se necesitan hoxe en día.

 

E claro, decidimos axudar a Luna e  buscar palabras para a súa maleta...



Pero aínda non é suficiente... Se ti tamén queres axudar a Luna comparte connosco as túas palabras bonitas; podes engadilas nos comentarios ou envialas ao correo.

venres, 1 de abril de 2022

UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA

 

Para colaborar coa campaña do Día mundial de concienciación sobre o autismo, que se celebra o día 2 de abril, participamos no obradoiro de debuxo Unha feliz viaxe pola vida, que pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a ser felices. Así debuxamos  o que significa para cada un de nós a felicidade e continuamos  coa actividade que fixemos a semana anterior na que recollemos cada día algunha cousa que nos facía felices. Traballamos desta maneira  o respecto ás diferenzas, a valoración da diversidade, a autoestima e o autoconcepto. 

 QUE COUSAS NOS FAN FELICES NO DÍA A DÍA