domingo, 23 de outubro de 2022

PRESENTACIÓN TITORES/ TITORIZADOS TEI.

Con moita emoción por parte do alumnado, este venres pasado arrancou o programa TEI coa presentación dos titores e titoras de 5º aos seus titorizados e titorizadas  de 3º. O alumnado de 5º foi recoller aos seus titorizados á biblioteca e dspois fixeron unha actividade conxunta para coñecerse un pouco e saber as cousas que teñen en común.Foi emocionante e divertido!




Se clicas na imaxe poderás ver o vídeo dese momento especial.






luns, 17 de outubro de 2022

Aniversario de Oscar.

 Parabéns Oscar polo teu aniversario

🎉🎉🎉🎉




Creando coma Picasso

A presentación do proxecto de arte comenzou coa bolboreta de Picasso, que ao principio nos parecía un pouco extrana, pero nós fixemos que a bolboreta fose especial. Contáronnos que a bolboreta identificábase coa transformación e a beleza, así que nós, os de terceiro, quixemos facer a nosa propia versión da bolboreta e que representa as nosas fortalezas ou virtudes individuais. Esperamos que vos gusten para o noso museo!



APERTURA DA BIBLIOTECA.

O venres, os nenos e nenas de terceiro, tivemos a presentación do proxecto do cole para este curso. A través do conto " O soño de Matías" a profe Noelia explicounos que todos e todas nos iamos converter en artistas e o noso cole será un museo cheo de arte. Estamos desexando empezar a crear!





mércores, 12 de outubro de 2022

TITORÍA ENTRE IGUAIS. TEI

Os nenos e nenas de terceiro de primaria tivemos a presentación na biblioteca do programa TEI. Este programa é unha estratexia formativa para fomentar a convivencia escolar e previr o acoso escolar no centro. Este curso, ademais, estamos moi ilusionados e ilusionadas porque xa podemos compartir no patio e nas aulas cos nosos titores e titoras de 5ºEP. Estamos desexando coñecer os nosos titores e titoras!




xoves, 22 de setembro de 2022

Oa nosos aniversarios

 PARABÉNS ALBA



Alba, desexamos que hoxe pases un día moi especial  de aniversario.

XA ESTAMOS EN terceiro!

 BENVIDOS A 3º EP!

Nós somos 3ºA

 Nós somos 3ºB
                                                   
Aquí estamos neste novo curso 2022/2023, cheos de moitas ilusións, gañas de aprender e de realizar aventuras.