luns, 16 de outubro de 2023
martes, 10 de outubro de 2023
INVESTIGAMOS???
O primeiro foi ir á biblioteca e atopar as pistas que nos deixou na súa maleta.
Son cinco pegatinas que corresponden aos lugares que visitou.Sabedes xa cales son?
luns, 9 de outubro de 2023
VISITA DE LUCÍA Á NOSA AULA
Hoxe tivemos a visita de Lucía para lembrarnos que o Departamento de Orientación está no cole para axudarnos e acompañarnos.
Ela e Potato interesáronse por como comezamos o curso e polas nosas emocións e estados de ánimo.
Tamén nos contou o conto El camino a la escuela, no que puidemos ver o difícil que é para algúns nenos e nenas de moitos países chegar á escola.
Que sorte temos nós!
Pero a sorpresa foi que ao final apareceu Lecturitas para pedirnos axuda. Parece ser que no verán viaxou moito e visitou varios lugares do mundo, pero como é moi despistado non recorda cales foron. Por iso, teremos que investigar e averiguar onde estivo Lecturitas.
Xa vos contaremos...
venres, 6 de outubro de 2023
LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS
ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, organiza a XII Limpeza Simultánea de Praias que este ano vaise a celebrar o 6 e 7 de outubro. O que se pretende con esta limpeza é ver o impacto da acción humana nos nosos areais, e intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais.
Hoxe o alumnado de 3º de EP participamos nesta iniciativa xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4º de EP e recollemos aproximadamente 10 kg de lixo.
Moitos parabéns!
Pero tamén foi unha xornada de xogos e diversión.
Clica na imaxe para ver as fotos
ÁRBORES DE OUTONO
Este xoves demos a benvida ao recén chegado outono con estas árbores de cores.
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos do proceso.
xoves, 28 de setembro de 2023
REPRESENTAMOS O SISTEMA SOLAR
Estes días na clase de Ciencias Sociais coñecemos moitas cousas sobre a Terra e tamén sobre o Sistema Solar.
Por iso na clase de Plástica fixemos esta manualidade con cartolina que nos quedou xenial.
E aquí tedes este xogo para coñecer máis curiosidades sobre os planetas
venres, 15 de setembro de 2023
BENVIDOS A 3º
Ademais, desde o mércores temos a sorte de contar coa colaboración de Aroa, que estará connosco todo o trimestre.
E aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade de Plástica desta semana.



















.jpg)








