ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, organiza a XII Limpeza Simultánea de Praias que este ano vaise a celebrar o 6 e 7 de outubro. O que se pretende con esta limpeza é ver o impacto da acción humana nos nosos areais, e intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais.
Hoxe o alumnado de 3º de EP participamos nesta iniciativa xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4º de EP e recollemos aproximadamente 10 kg de lixo.
Moitos parabéns!
Pero tamén foi unha xornada de xogos e diversión.
Clica na imaxe para ver as fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario