mércores, 18 de outubro de 2023

UNHA SORPRESA NA CLASE

 Hoxe tivemos unha sorpresa na clase que chegou de parte de Lecturitas.

 Despois de darnos as grazas por descubrir os lugares que visitou na súa viaxe, deixounos unha maleta co noso pasaporte e unhas chapas de Sadabona, que é o nome do proxecto deste ano de interculturalidade.

 


 O venres acudiremos á biblioteca para coñecer máis cousas sobre este proxecto e descubrir  o porqué dese nome. Xa estamos desexando ir!

E hoxe tamén puidemos repasar Ciencias da Natureza cun kahoot que nos gustou moito. Fixéstelo xenial!


 





luns, 16 de outubro de 2023

LECTURAS

 Como nos gusta tanto ler e compartir cos nosos compañeiros e compañeiras algúns contos ou libros, xa comezamos a facelo nas horas de lectura. Mateo, Dafne, Lana, Leire e María, parabéns!





E tamén  temos xa na clase a caixa de libros que nos trouxeron da biblioteca para este trimestre. Moitas grazas, Lecturitas!



FELIZ ANIVERSARIO!

 


martes, 10 de outubro de 2023

INVESTIGAMOS???

Despois da visita de onte de Lucía, tivemos que poñernos en marcha e comezar a nosa investigación para axudar a Lecturitas. 

O primeiro foi ir á biblioteca e atopar as pistas que nos deixou na súa maleta.

 Son cinco pegatinas que corresponden aos lugares que visitou. 





   Sabedes xa cales son?

luns, 9 de outubro de 2023

VISITA DE LUCÍA Á NOSA AULA

Hoxe tivemos a visita de Lucía  para  lembrarnos que o Departamento de Orientación está no cole para axudarnos e acompañarnos. 

 

Ela e Potato interesáronse por como comezamos o curso e polas  nosas emocións e estados de ánimo.

 

Tamén nos contou o conto El camino a la  escuela, no que puidemos ver o difícil que é para algúns nenos e nenas de moitos países chegar á escola. 

 Que sorte temos nós!

Pero a sorpresa foi que ao final apareceu Lecturitas para pedirnos axuda. Parece ser que no verán viaxou moito e visitou varios lugares do mundo, pero como é moi despistado non recorda cales foron. Por iso, teremos que investigar e averiguar onde estivo Lecturitas. 


 

Xa vos contaremos...

venres, 6 de outubro de 2023

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS

 ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza,  organiza a XII Limpeza Simultánea de Praias que este ano vaise a celebrar o 6 e 7 de outubro. O que se pretende con esta limpeza é  ver o impacto da acción humana nos nosos areais, e intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais.

Hoxe o alumnado de 3º de EP participamos nesta iniciativa xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4º de EP e  recollemos aproximadamente 10 kg de lixo.

Moitos parabéns!

Pero tamén  foi unha xornada de xogos e diversión. 

Clica na imaxe para ver as fotos



 

ÁRBORES DE OUTONO

 Este xoves demos a benvida ao recén chegado outono con estas árbores de cores.

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos do proceso.