xoves, 26 de outubro de 2023

EMOCIÓNS EN PERIGO. FOTOGRAFÍAS DE TIM FLACH

 Hoxe realizamos unha visita- obradoiro chamada Emerxencia planetaria, rapazada ao rescate, na sede de Afundación da Coruña. 

 Primeiro asistimos á exposición Emocións en perigo, na que puidemos ver as fotos de Tim Flach, unha selección de retratos de animais en perigo de extinción realizadas co obxectivo de fomentar a empatía cos retratados. Imaxes impactantes que nos encantaron e que espertaron a nosas emocións. 

 Coñecemos a varios animais que se atopan en perigo por diferentes causas e buscamos, da man da tartaruga CURA CURA, algunhas solucións que poderían salvalos. 


E despois realizamos un obradoiro STEAM de arte, robótica e natureza, no que fixemos maxia...porque utilizando o programa SCRATCH puidemos escoitar o axolote, un peixe moi especial do que aprendemos moito. 

Pinchade na imaxe para ver  fotos e vídeos da xornada


 


martes, 24 de outubro de 2023

PRESENTACIÓN PROGRAMA TEI

 Hoxe visitounos Lucía, a orientadora do centro, para presentarnos o PROGRAMA TEI, que se basea na titorización emocional entre iguais,  co obxectivo da prevención do acoso escolar. O respecto, a empatía e o compromiso son alicerces do seu desenvolvemento. 

 Os nenos e nenas de 3º de EP seremos titorizados polo alumnado de 5º de EP. 





 Xa estamos desexando coñecer aos nosos titores e titoras!


 


venres, 20 de outubro de 2023

CONTO SAWABONA


 Hoxe baixamos á biblioteca a ver o conto SAWABONA que nos preparou Lecturitas, para a presentación do noso proxecto Sadabona, que, como sabedes, levaremos a cabo este curso sobre interculturalidade.

 

Encantounos a historia e a mensaxe tan bonita que nos trouxo Themba, tanto que xa comezamos a practicar Sawabona.



Pinchade na imaxe para ver as fotos

 E non vos esquezades que temos unha misión importante para este 1º trimestre



XOGAMOS A PROGRAMAR

Para irnos familiarizando coa robótica, hoxe practicamos na clase con estes xogos educativos cos que fomentamos o traballo en equipo, a creatividade e o pensamento lóxico-matemático. 

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos



mércores, 18 de outubro de 2023

UNHA SORPRESA NA CLASE

 Hoxe tivemos unha sorpresa na clase que chegou de parte de Lecturitas.

 Despois de darnos as grazas por descubrir os lugares que visitou na súa viaxe, deixounos unha maleta co noso pasaporte e unhas chapas de Sadabona, que é o nome do proxecto deste ano de interculturalidade.

 


 O venres acudiremos á biblioteca para coñecer máis cousas sobre este proxecto e descubrir  o porqué dese nome. Xa estamos desexando ir!

E hoxe tamén puidemos repasar Ciencias da Natureza cun kahoot que nos gustou moito. Fixéstelo xenial!


 





luns, 16 de outubro de 2023

LECTURAS

 Como nos gusta tanto ler e compartir cos nosos compañeiros e compañeiras algúns contos ou libros, xa comezamos a facelo nas horas de lectura. Mateo, Dafne, Lana, Leire e María, parabéns!





E tamén  temos xa na clase a caixa de libros que nos trouxeron da biblioteca para este trimestre. Moitas grazas, Lecturitas!