Hoxe realizamos unha visita- obradoiro chamada Emerxencia planetaria, rapazada ao rescate, na sede de Afundación da Coruña.
Primeiro asistimos á exposición Emocións en perigo, na que puidemos ver as fotos de Tim Flach, unha selección de retratos de animais en perigo de extinción realizadas co obxectivo de fomentar a empatía cos retratados. Imaxes impactantes que nos encantaron e que espertaron a nosas emocións. Coñecemos a varios animais que se atopan en perigo por diferentes causas e buscamos, da man da tartaruga CURA CURA, algunhas solucións que poderían salvalos.E despois realizamos un obradoiro STEAM de arte, robótica e natureza, no que fixemos maxia...porque utilizando o programa SCRATCH puidemos escoitar o axolote, un peixe moi especial do que aprendemos moito.
Pinchade na imaxe para ver fotos e vídeos da xornada
Qué visita tan bonita e necesaria! Importantísimo que comprendan que hai tantísimas especies en perigo de extinción
ResponderEliminar