venres, 8 de marzo de 2024

Día Internacional da Muller

Con motivo da conmemoración do  8 de marzo, Día Internacional da Muller, hoxe tivemos a visita de Ana Belén Montiagudo Diz, doutora en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela e bióloga, para compartir connosco a súa traxectoria e experiencia profesional. Contounos moitas cousas interesantes e ensionounos o  importante que é estudar para acadar as nosas metas e decidir o que queremos ser de maiores. Coñecemos a varias mulleres importantes no ámbito científico- tecnolóxico, aínda que, hoxe en día,  son minoría as que elixen este campo. Por iso é tan importante darlles visibilidade e fortalecer e promover o seu papel en prol da igualdade. 

Moitas grazas, Ana!

Tamén vimos varias curtas sobre os estereotipos e os roles de xénero e rematamos cun traballo sobre o que queremos ser de maiores.



xoves, 7 de marzo de 2024

PROGRAMA TEI COHESIÓN : ACROSPORT

Hoxe realizamos unha nova actividade de cohesión do Programa TEI cos nosos titores e titoras de 5º de EP. Practicamos acrosport, que é un deporte no que os grupos executan unha figura, neste caso letras, co seu corpo. A sesión foi moi divertida e continuamos coñecéndonos mellor e poñendo en práctica valores como o traballo en equipo e o respecto.

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe



martes, 5 de marzo de 2024

TODAS E TODOS CONTAMOS

 Hoxe participamos  na actividade de Afundación Todas e todos contamos.  

A través de xogos circenses, os nenos e nenas participaron do valor da diversidade. Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou respecto,  son algunhas das ensinanzas desta actividade, impartida por persoas con diversidade funcional.

Fixémolo moi ben e pasámolo xenial! 

Podedes ver fotos e vídeos pinchando na imaxe



 

venres, 1 de marzo de 2024

VISITA A COAWA

 Hoxe realizamos unha saída á ETAP A TELVA, para coñecer o proceso de potabilización da auga e o entorno do río Mero. 

De onde ven a auga? Como chega ás nosas casas?

Puidemos responder a esas preguntas e valorar a importancia de ter uns hábitos de consumo responsable.

Ademais ensináronnos moitas curiosidades sobre as especies animais e vexetais do entorno do río... e ata vimos un exemplo de mutualismo, cando especies diferentes saen beneficiadas ao relacionarse entre si, algo que estudamos estes días na clase.

Podedes ver algunhas fotos da visita pinchando na imaxe