Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, hoxe tivemos a visita de Ana Belén Montiagudo Diz, doutora en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela e bióloga, para compartir connosco a súa traxectoria e experiencia profesional. Contounos moitas cousas interesantes e ensionounos o importante que é estudar para acadar as nosas metas e decidir o que queremos ser de maiores. Coñecemos a varias mulleres importantes no ámbito científico- tecnolóxico, aínda que, hoxe en día, son minoría as que elixen este campo. Por iso é tan importante darlles visibilidade e fortalecer e promover o seu papel en prol da igualdade.
Moitas grazas, Ana!
Tamén vimos varias curtas sobre os estereotipos e os roles de xénero e rematamos cun traballo sobre o que queremos ser de maiores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario