xoves, 20 de marzo de 2025

Entrega de diplomas do campionato de petanca.

 Despois das duras competicións, chegou o gran día da entrega de diplomas do campionato de petanca.

Disfrutámolo moito e pasámolo moi ben!






venres, 14 de marzo de 2025

Matemáticas divertidas

 Para aprender matemáticas dun xeito máis divertido e non quedar durmidos coas eternas explicacións da profe, estamos creando na aula dous recunchos moi divertidos. Un recuncho cun pequeno supermercado no que poder comprar e vender e así aprender a dominar a utilización do diñeiro, os decimais, sumas, restas, divisións.....Temos dúas caixas rexistradoras e moitos produtos !

Pero como tamén temos que poñer a proba o noso cerebro, tamén estamos diseñando un pequeno recuncho con xogos de lóxica matemática, numeración, conteo e tamén xogos para poñer a proba a nosa paciencia.




martes, 11 de marzo de 2025

SUPERHEROÍNAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Este ano, para a conmemoración do día 8 de marzo, o alumnado do centro creou o su propio modelo de superheroína. De entre todos saíron escollidos os que se representaron nun mural para data tan sinalada e que pende dun estandarte na entrada do colexio. E para darlle máis emoción aínda, o alumnado tivo que votar a un modelo de superheroína favorito para que nos represente. Quén será a nosa superheroína gañadora?





venres, 28 de febreiro de 2025

Festa de entroido

 Un ano máis o noso cole celebrou o entroido con moita ledicia e color. Puidemos disfrutar dun día de disfraz libre e deixar voar a nosa imaxinación e hoxe, venres, celebrar dunha festa de entroido con moito humor levando polas rúas os nosos cómics visuais. 

Nós disfrutamos moito representando a Snoopy polas rúas da nosa vila, bailamos, cantamos e rimos. 


Se pinchas na imaxe de abaixo poderás ver todas as fotos.







venres, 14 de febreiro de 2025

TEI

 Hoxe celebramos o día do amor e a amizade coas nosas titoras e tirores de 5º. Xuntos realizamos uns retratos que intercambiamos.

Debuxamos, falamos e compartimos!

Pincha na imaxe para ver as fotos da actividade.






martes, 11 de febreiro de 2025

DÍA DA INTERNET SEGURA

 Hoxe celebramos o Día da Internet Segura realizando un taller online organizado polo INCIBE ( Instituto Nacional de Ciberseguridade).

Visualizamos varios vídeos con situacións coas que nos podemos atopar na Internet e participamos tomando decisións para actuar contra ciberacoso, os contidos prexudiciais e os retos virais.

Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos da actividade.






venres, 7 de febreiro de 2025

PLAN PROXECTA CHARLA STOP ACCIDENTES

 Hoxe visitounos Guillermo, un técnico de Stop Accidentes para contarnos moitas cousas importantes que debemos ter en conta cando nos desprazamos pola rúa. Reflexionamos sobre a solidaridade entre nós pode axudar a garantir a nosa seguridade vial.