Para aprender matemáticas dun xeito máis divertido e non quedar durmidos coas eternas explicacións da profe, estamos creando na aula dous recunchos moi divertidos. Un recuncho cun pequeno supermercado no que poder comprar e vender e así aprender a dominar a utilización do diñeiro, os decimais, sumas, restas, divisións.....Temos dúas caixas rexistradoras e moitos produtos !
Pero como tamén temos que poñer a proba o noso cerebro, tamén estamos diseñando un pequeno recuncho con xogos de lóxica matemática, numeración, conteo e tamén xogos para poñer a proba a nosa paciencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario