venres, 29 de outubro de 2021

MAGOSTO E SAMAÍN

 Hoxe celebramos a festa do Magosto e do Samaín e pasámolo  moi ben. Neste vídeo podedes ver algunhas fotos das diferentes actividades que realizamos. Tamén tedes na web do cole un resumo en fotos e vídeo  do día. Proximamente subirei as estupendas receitas saudables de outono que fixestes, Tamén vos deixo a ligazón para acceder ás fotos.

Fotos Magosto e Samaín

 

Pero aínda hai máis! Faltaba o photocall!












martes, 26 de outubro de 2021

VOLTAMOS Á BIBLIOTECA

 Hoxe por fin voltamos á biblioteca! Tivemos a presentación coa profe Mela, que nos ensinou como están organizados os libros e seccións e tamén lembramos as normas que temos que cumprir cando a visitamos. Este curso a nosa aula terá reservada unha sesión semanal, os xoves, para poder realizar actividades de animación á lectura e préstamo de libros. Ademais  poderemos ir  os martes na hora do recreo. O proxecto deste ano trata, como sabedes, de consumo responsable, polo que Mela amosounos  o conto da Ra de tres ollos.  Terceiro e cuarto de Primaria comezaremos investigando no primeiro trimestre sobre os oficios. 

  Estas semanas estamos compartindo na clase algúns dos nosos libros favoritos; traballamos nas súas portadas e deseñamos uns marcapáxinas de esquina moi creativos. Esperamos que vos gusten!

 



luns, 25 de outubro de 2021

RULETA DO CONSUMO SOSTIBLE

 Reducir o consumo de plásticos, comprar produtos de tempada e da contorna máis próxima, para evitar a contaminación que supón o transporte, priorizar os produtos de orixe vexetal, ou comprar 
o peixe pescado con anzó, son algunhas das recomendacións que aprendemos coa ruleta do consumo sostible. Aquí a tedes para que sigades practicando e aprendendo. A ver cantos puntos conseguides!

Pinchade na ligazón Ruleta do consumo sostible


venres, 22 de outubro de 2021

mércores, 20 de outubro de 2021

PRESENTACIÓN PROGRAMA TEI

 

 

 Hoxe tivemos a presentación do Programa TEI coa nosa orientadora Lucía. Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, baseado na titorización entre iguais. Este curso os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria axudarannos na resolución de conflitos e na xeración de condutas saudables.

 






luns, 18 de outubro de 2021

ESCRIBIMOS UNHA NOTICIA

 Eliximos o tema, escribimos o titular, contestamos que, onde, cando, engadimos outros datos de interese... e xa temos as nosas noticias de actualidade, reais ou inventadas. Podedes velas nesta presentación. Bo traballo!

domingo, 17 de outubro de 2021

PARA QUE SERVE O AIRE?

 Nesta ocasión é Carla a que nos amosa co seu experimento que a materia necesita o osíxeno do aire para arder. Parabéns!