luns, 30 de outubro de 2023

PRESENTACIÓN TITORES E TITORIZADOS PROGRAMA TEI

 Hoxe foi un día moi emocionante porque por fin coñecemos aos nosos titores e titoras de 5º de EP. 

Tivemos que buscalos emparellando as nosas pegatinas de Samaín que tiñamos nas costas, pero era un xogo en silencio, polo que foi un pouco máis difícil. Aínda así, conseguímolo axiña!

Despois coñecémonos un pouco máis compartindo os nosos gustos, aficións, cualidades e ata os nosos medos.

Moitas grazas, titores e titoras! Seguro que nos axudades moito...

Pinchade na imaxe para ver as fotos



CABAZAS DE SAMAÍN









FELIZ ANIVERSARIO!

 


venres, 27 de outubro de 2023

NOVAS LECTURAS

 Estes días continuamos compartindo as nosas lecturas favoritas. 

Moitos parabéns para Lucía, Nico, Eire e Teo!







xoves, 26 de outubro de 2023

EMOCIÓNS EN PERIGO. FOTOGRAFÍAS DE TIM FLACH

 Hoxe realizamos unha visita- obradoiro chamada Emerxencia planetaria, rapazada ao rescate, na sede de Afundación da Coruña. 

 Primeiro asistimos á exposición Emocións en perigo, na que puidemos ver as fotos de Tim Flach, unha selección de retratos de animais en perigo de extinción realizadas co obxectivo de fomentar a empatía cos retratados. Imaxes impactantes que nos encantaron e que espertaron a nosas emocións. 

 Coñecemos a varios animais que se atopan en perigo por diferentes causas e buscamos, da man da tartaruga CURA CURA, algunhas solucións que poderían salvalos. 


E despois realizamos un obradoiro STEAM de arte, robótica e natureza, no que fixemos maxia...porque utilizando o programa SCRATCH puidemos escoitar o axolote, un peixe moi especial do que aprendemos moito. 

Pinchade na imaxe para ver  fotos e vídeos da xornada


 


martes, 24 de outubro de 2023

PRESENTACIÓN PROGRAMA TEI

 Hoxe visitounos Lucía, a orientadora do centro, para presentarnos o PROGRAMA TEI, que se basea na titorización emocional entre iguais,  co obxectivo da prevención do acoso escolar. O respecto, a empatía e o compromiso son alicerces do seu desenvolvemento. 

 Os nenos e nenas de 3º de EP seremos titorizados polo alumnado de 5º de EP. 





 Xa estamos desexando coñecer aos nosos titores e titoras!